Forman parte do equipo directivo das feiras do libro máis recoñecidas do mundo (Frankfurt, Boloña e Guadalaxara). Son tres mulleres e as tres coinciden en que cómpre mellorar a preparación coa que se asiste a este tipo de encontros. Falamos con elas para ver como se pode mellorar a presenza da literatura galega no mundo.
Frankfurt, Boloña e Guadalaxara son tres referencias cando estamos a falar de libros. A cidade alemá porque é o mercado global do libro por excelencia; a italiana porque é a sede na que se xunta literatura infantil e xuvenil, mentres que Guadalaxara é o referente latinoamericano. Mary Fé Boix, Roberta Chinni e Amelia Guardiola son responsables destes tres encontros e estiveron en Santiago no marco do simposio O libro galego no mundo: presente e futuro que desenvolveu no Consello da Cultura Galega a Asociación Galega de Editores (AGE). As tres coincidiron no descoñecemento que hai da literatura galega, no camiño por explorar que hai na lusofonÃa, na importancia que ten asistir a este tipo de encontros e, relacionado con este último, a importancia de preparalos ben.
Claves para mellorar
“Cando me convidaron a dar esta conferencia, o primeiro que fixen é ver no catálogo da Feira do Libro de Fránkfurt para ver como estaba a literatura galega. O resultado foi escasÃsimo comparando con outras literaturas minorizadas como o catalán ou o vasco” apunta Mary Fé Boix, vicedirectora da feira de Frankfurt. Non é un caso illado, senón Roberta Chinni, directora da feira de Boloña e Amelia Guardiola, representante para Europa da de Guadalaxara coinciden na escasa repercusión que ten a nosa literatura alén das nosas fronteiras. Entón, ¿cal é o camiño? Na opinión destas tres expertas, o que xa está iniciado: asistir a este tipo de encontros. Para Roberta Chinni “acudir a unha feira é a mellor forma de representar un paÃs, unha cultura e unha literatura”. Alén diso, Mary Fé Boix considera que “hai que ter un obxectivo claro de porque e a que se vai a este tipo de encontros. A túa asistencia non será igual se o que queres é vender dereitos ao exterior, facer coedicións, coñecer que innovacións hai e que se pode adoptar ao xeito de traballar de cada un”. Por iso, Roberta recoñece que “hai dous niveis: o primeiro deles é o que fai referencia aos obxectivos da túa empresa, o que necesitas. E todo isto leva tempo e debes facer un planning e programar o que queres ver. Nesa semana eu teño xuntanzas cada vinte minutos, teño o tempo moi medido. O segundo nivel é o que fai referencia a facer contactos. Non só para a venda, senón tamén para coedición. Pero para isto fai falta tempo e paciencia”. Unha visión na que tamén coincide Amelia Guardiola, que apunta que hai que “facer negocio pero tamén entrar en contacto co que se está a facer noutras partes do mundo”.
Mary Fé Boix apunta unha segunda clave que abre un futuro esperanzador para a literatura galega, que pasa por abrirse á lusofonÃa. “Existen lazos culturais innegables e deberÃase aproveitar a presenza en feiras para abrir novos lazos de futuro”
Un stand de 4 metros cadrados ten un prezo mÃnimo de 1.500 euros, a isto hai que engadirlle custes de desprazamento e asistencia durante os dÃas que se acude á feira. As tres responsables coinciden en que o custe económico, non deberÃa ser determinante porque supón un investimento a longo prazo en contactos e futura proxección para a cultura. Amelia Guardiola considera que se debe buscar financiamento privado para poder acudir a este tipo de encontros. Roberta Chinni apunta que “Son os mercados das ideas que, no fondo son o máis importante” e por iso cómpre estar aÃ.
A representante en Europa da feira de Guadalaxara vai un pouco máis alá e apunta que cada un destes encontros é diferente, polo que deben ser preparados de xeito tamén distinto.
As particularidades
Frankfurt é un dos encontros ineludibles, principalmente, polas cifras que manexa: no 2004 se reuniron 6.691 expositores, presentáronse 104.566 novas publicacións dun total de 350.619 tÃtulos. Nese ano visitaron a feira 270.413 persoas, das que 173.943 eran homes de negocios. Uns 12.275 xornalistas acreditados de 92 paÃses nese ano evidencia a importancia mediática que xera este encontro que ten espazo tanto para profesionais como para público en xeral. “Boloña, tal e como explica a súa directora, é diferente porque é un mercado máis pequeno e para un profesional da literatura infantil e xuvenil. Ademais, outra das diferenzas é que a de Boloña é un mercado reservado exclusivamente a profesionais e no que van os editores (os que fan libros). Isto significa que todos teñen unha problemática común e porque poñen sobre a mesa as mesmas cuestións”. E se falamos de Guadalaxara a cousa cambia aÃnda máis, porque alén desa parte de negocio, ten unha dimensión sociocultural tan importante que o converte no referente das letras para toda latinoamérica.
Guadalaxara: máis preto
Desde a polémica visita á Feira do Libro da Habana, a ConsellarÃa de Cultura apuntou outro obxectivo claro de futuro: conseguir ser paÃs convidado para a Feira do Libro de Guadalaxara, o evento máis importante destas caracterÃsticas en latinoamérica. Amelia Guardiola, representante para Europa desta feira, explica que este encontro non é só un lugar de negocio, senón que conta cun programa de negocio que o converte nun espectáculo cultural de gran calado social.
Galicia asistiu por primeira vez a este encontro en 2007, para este ano incrementa a súa presenza e, entre os plans do goberno galego é ser paÃs convidado para o 2011. “Tendo en conta a importancia que ten a cultura galega en toda latinoamérica, paréceme estraño que aÃnda non solicitara ser paÃs convidado” apunta Guardiola. “Preparar a solicitude é algo que leva tempo e debe estar moi traballado. Primeiro cómpre acudir a feira cun espazo propio, cun programa de actividades destacado, e a partir de aà facer a solicitude” explica. Unha carta e un programa breve explicando o interese, as disposicións e as liñas xerais do programa de actividades (que ha de atender a toda a cultura: desde a gastronomÃa ata o turismo, pasando polo teatro, a música ou o baile) é o material que valorará a dirección da feira antes de tomar unha decisión. En canto aos prazos, Amelia explica que é na primavera cando se decide o convidado do ano seguinte, polo que o dosier coa solicitude debera ser entregado entre finais e principios do ano anterior á convocatoria (neste caso a finais de 2009, principios de 2010 para ser convidado no 2011). Como recomendación alude a “que realmente sexa representativo da cultura, que sirva de imaxe cara o exterior, e que inclúa un programa de actividades atractivo e interesante para o público en xeral”. En canto ao orzamento a destinar para este encontro, Guardiola considera que “se pode facer un programa bo sen gastar demasiados cartos (en alusión ás crÃticas recibidas en Cataluña pola elevada contÃa gastada cando foi paÃs convidado desta feira)”.