Uns escriben e outros cooperan. As letras galegas viveu este sábado en Allariz outra xornada de celebración. Foi na entrega dos premios que concede anualmente a editorial Xerais de Galicia. E o Museo do Coiro veu como o traballo da nova escritora Inma López Silva, coa súa "Concubinas" se alzaba co Xerais de Novela. Para Lugo foi o Merlín cos medos e as aventuras do "Pel de Lobo" de Xosé Miranda. Por último, a xornada de premios rematou co galardón a La Voz de Galicia, por cooperar no labor editorial. Foi polo seu trabalo de difusión nunha das coleccións das mellores obras literarias escritas en galego, a "Biblioteca Galega 120".
Premios Xerais
Non eran todos os que estaban, nin estaban todo os que eran. Sen embargo, no Museo do Coiro de Allariz este sábado estaba boa parte das figuras que se encargan de escribir, promocionar e falar da literatura deste país. E o motivo desta xuntanza era comprobar quen se alzaba cun dos galardóns máis prestixiosos e máis substanciosos da literatura galega. E o gran premio, o Xerais de novela, dotado con 12.000 euros, foi para as "Concubinas" de Inma López Silva (Santiago, 1978), que se converte na segunda muller (e a segunda galardoada máis nova) en acadar o premio. Unha novela que narra unha saga familiar (de tres xeracións) que ambientada na imaxinaria San Eirís da que o o xurado destacou o estilo literario coidado e a capacidade para facer partícipe ó lector dun estilo que xoga co emprego do tempo.
E o Merlín foi para a proposta dunha historia de medo e de aventuras que Xosé Miranda (Lugo , 1955) recolle en "Pel de lobo". Unha proposta que, segundo o xurado, inisire na tradición de autores como Risco, Fole e Novoneyra.
Por último, a editorial Xerais premiou, un accesit sen dotación económica a La Voz de Galicia co seu premio á cooperación editorial. Un galardón que distingue a "máis importante iniciativa de alfabetización acometida na historia da literatura galega". E esa iniciativa é a "Biblioteca Galega 120" de La Voz de Galicia, coa que o xornal conmemoraba o seu aniversario difundido o unha colección que facía unha escolma das mellores obras literarias escritas na súa propia lingua. Neste caso o xurado quixo premiar tanto a súa representatividade (pola elección dos títulos) como a súa "coidada edición literaria", o seu "prezo aseguible" (un euro), e pola súa "enorme difusión". Segundo datos que publicaba a semana pasada La Voz de Galicia, coa súa iniciativa difundira en catro meses máis libros que o sector editorial nun ano.
Crise e Salón do libro
O acto de entrega dos premios Xerais rematou cunha intervención do director da editorial, Manuel Bragado, que fixo referencia ás dificultades que está a padecer nestes últimos anos o sector editorial galego. Bragado apuntou a existencia de eivas como a ruptura da cadea familiar da lingua e os cambios nos hábitos de lecer, aínda que tamén quixo ser positivo ó apuntar que se poden superarse cun traballo de rigor e imaxinativo. E isto mesmo é sobre a crise incideu Fabiola Sotelo directora da editorial Sotelo Blanco e presidenta da Asociación Galega de Editores, cando fixo balance do Salón do Libro. Afirmou, nunha entrevista publicada en Galicia Diario, que o sector editorial está en crise por perda de hábito de lectura e de poboación. Un feito para o que se celebra o Salón do Libro que acaba de pechar as súas portas en Compostela cun balance moi positivo. Para a asociación de editores, o salón conseguíu "consolidar espacios de encontro arredor do libro galego", non só por un incremento no número de vendas, senón tamén a suba do público ( que foi entre un 20 e un 30 por cento con respecto ó ano anterior).
Máis para a colección
E dentro deste panorama de crise editorial que debuxan os directores de dúas editoriais en Galicia saen novos títulos para colección "Tambo". Coas incorporacións de Estívaliz Espinosa con Pan (libro de ler e desler); Álvarez Cáccamo con "Depósito Natural"; Domingo Tabuyo con "A luz secreta" e Alfonso Armada con "Pita velenosa, porta dos azares" esta liña terá xa doce títulos. Tambo ten a característica de ser unha colección poética de patrocinio institucional (A Deputación de Pontevedra é a encargada da súa publicación) que está coordinada polo escritor Luís Rey Núñez.