"Unha cuestión de fondas raíces culturais". Así calificou o presidente do Consello da Cultura Galega o clima na presentación esta mañá na sede da institución da Historia da meteroloxía e da climatoloxía en Galicia. Esta obra, froito da colaboración entre o Consello e a Consellaría de Medio Ambiente foi coordinada por Francisco Díaz Fierros, e recolle por unha banda a historia da meteoroloxía no país, desde as primeiras observacións encol desta cuestión ata a moderna rede de Meteogalicia. Por outra banda, no volume pode verse unha ampla relación de datos históricos do noso clima, obtidos mediante técnicas coma a análise de sedimentos, a dendrocronoloxía, a paleobotánica ou mesmo o estudo de documentos históricos. No mesmo acto, o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, aproveitou para reclamar que se transfiran ao noso país as competencias en Meteoroloxía, xa que somos a única comunidade autónoma, alén de Ceuta e Melilla, que carece deste ámbito competencial.
O Consello da Cultura presenta a Historia da meteroloxía e da climatoloxía en Galicia
A obra amosa a evolución do clima e da súa observación no país
8 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Conceptos
