A Fundación Torrente Ballester preséntase meses antes de abrir a sede

A Fundación re-presentada

hora e lugar. O 13 de xuño no Hostal dos Reis Católicos terá lugar o acto público de presentación da Fundación Torrente Ballester. E será ese día porque é cando o escritor, de seguir vivo, cumpriría 92 anos. Pero será unha presentación a medias, porque non se fará na súa sede, que está ultimando o proceso de catalogación dos fondos e porque aínda tardará varios meses en abrir. E iso terá lugar o 27 de xaneiro do 2003, a data do aniversario do pasamento de Torrente Ballester.



Presentación



O acto de presentación pública da Fundación Torrente Ballester ten un nome máis que o do propio escritor. E é o doutro escritor finado hai pouco tempo, Carlos Casares, que era patrono da fundación e amigo persoal do autor de "La saga/fuga de JB". E por iso o acto de presentación será un acto de homenaxe dobre, aínda que cun protagonismo clave. E nesta presentación simbólica proxectarase un vídeo realizado pola TVG sobre a figura de Torrente Ballester, así como a presentación da edición dun texto inéditos que Carlos Casares escribira lembrando ó escritor e tamén amigo.
O acto terá lugar no Hostal dos Reis Católicos e non na sede da propia fundación, que está sita no número 7 da rúa do Vilar. Un feito que se decidíu na xuntabza que o padroado da fundación tivo no pasado mes de maio, segundo publica hoxe La Voz de Galicia, no que se acordaron as datas de trabllo para ir poñendo en marcha a entidade. Unha fundación que naceu co cometido do velar e promover o legado do escritor e que el mesmo promoveu antes do seu pasamento.















Flecos da fundación



Aínda que a presentación se faga o vindeiro día 13 de xuño, quedan moitos cabos por atar e moitos flecos soltos. Desde que Torrente Ballester promovera en vida, a creación dun centro que servise de acubillo e de defensa da súa obra pasaron moitos atrancos: a contistución da fundación, os problemas do herdo que afectaban á desaparición de volumes e os continuos retrasos na creación do centro. A unha semana vista da presentación oficial as cousas seguen polo bo camiño, aínda que quedan cousas pendentes.
Solucionado o problema do seu legado e do seu fondo, os 11.000 títulos e os aproximadamente 12.000 volumes entre libros e revistas que o conforman, están sendo acomodados (por persoal da Universidade de Santiago de Compostela) na súa sede. A día de hoxe, tal e como afirma Álvaro Torrente Sánchez-Guisande a La Voz de Galicia, están organizados o 70% dos fondos da biblioteca persoal do escritor, coa primeira planta lista. E polo demais, queda a segunda e sobre todo, a catalogación.
Mentres se organizan os fondos, desde o padroado estase a traballar na planificación dos actos cos que se inaugurará a fundación en xaneiro do ano que vén. Aínda que é moi pronto para falar dun programa concreto estase a barallar a celebración dunha exposición de Manuel Prego, conferencias e unha mesa redonda que que compartiron a tertulia do verán en Baiona con Torrente Ballester e con Carlos Casares.
E outro dos asuntos nos que aínda colga a etiqueta de pendentes é na designación do director xerente da Fundación, así como o organigrama do persoal co que se dotará para encargarse do funcionamento de actividades. Un feito que non se pode determinar sen saber con cantos cartos e con que orzamento contan.