A Casa da Xuventude de Ourense acolle esta mesma mañá, no marco das Xornadas de Banda Deseñada, a presentación do segundo volume da serie Historias de Galiza. A obra, publicada pola editorial Difusora co apoio da Dirección Xeral de Xuventude, comprende unha nova selección de relatos ambientados en diferentes épocas da historia galega. En todos os casos o guión e de Carlos Rafael, mentres que nos debuxos repiten os autores da primeira entrega: Idoia de Luxán, Carlos Alfonzo, Juan Luis Pérez, Jaime Eizaguirre e Jerónimo Piñeiro. A terceira entrega da serie está prevista que saia para finais deste ano ou comezos do vindeiro.