
Segundo explica Carlos Lema sobre o encontro, “o que máis interesa do coloquio é o que digan os tres convidados, que son de luxo. É de agardar que entre eles e o público que asista poida botar un pouco máis de luz sobre qué tipo de literatura precisamos, cal queremos e qué relacións debe ter coas literaturas do contorno e mesmo as máis afastadas. Penso que por aà será por onde se poida mover o debate”. Encol do tema da Mesa, Lema considera que “non teño unha visión sucesiva da literatura, cun inicio e un obxectivo. O que máis me interesa é ver coma a xente implicada ven a cuestión hoxe e qué lle piden. O que está claro e que é unha literatura fortemente consolidada, cunha presenza importante na sociedade. A nivel institucional está moi presente no mundo académico e do ensino e tamén cunha industria importante da que viven moitas persoas. Despois hai unha faceta que é o propio texto. A lectura e os textos. Na dialéctica entre estes dous polos é onde está o camiño a escoller”.
Suso de Toro: “O traballo pendente quédalle aos autores”
“Suso de Toro é un dos escritores que máis pensaron sobre a relación cos lectores e tamén é un dos que teñen máis proxección fóra de Galicia. Ademais intervén na sociedade dun xeito moi directo a través da prensa, que tamén é un especto importante para o coloquio”, explica Lema.
Antón Figueroa: “O camiño da literatura galega vai cara á súa liberdade”
“Antón Figueroa é un dos grandes pensadores sobre o feito literario, non só coma texto senón tamén sobre o aspecto social da literatura”, adianta o moderador do encontro.
Rexina Vega: “Un dos puntos que máis precisamos é unha polÃtica de proxección exterior”
Segundo explica Lema, “Rexina Vega, de cara ao coloquio, está un pouco entre dous mundos, o académico e o literario. É profesora da Universidade de Vigo e tamén escritora, gañou o premio Xerais do ano pasado”.
Para os interesados en coñecer como se confrontan estes puntos de vista e mais as achegas do público, nada mellor que se achegar esta tarde ao Centro Social Caixanova de Vigo.