Universidades de Galicia e Finlandia acordan estudiar e propor liñas de actuación para fomentar a diversidade cultural

Olladas en conexión

Centros de investigación de Galicia e Finlandia establecerán acordos de colaboración para a investigación conxunta do futuro da cultura e da comunicación intercultural na Sociedade da Información. O acordo foi tomado polos expertos reunidos no Congreso "Galicia-Finlandia. Modos de Pensar" que organizan o Consello da Cultura Galega, o Departamento Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, Asociación Internacional de Estudios de Comunicación Social, IAMCR e Instituto Iberoamericano de Finlandia e que remata hoxe.

Investigación conxunta






Os acordos te–en como obxectivo a realización de investigacións conxuntas entre a Universidade de Santiago de Compostela e as universidades finesas de Helsinki, Tampere e Jyvaskyla sobre o estado da comunicación intercultural en Galicia e en Finlandia. Os expertos reunidos tamén desenvolverán iniciativas de formación intercultural que leven a desenvolver propostas concretas que se plasmen no ámbito académico e da formación universitaria.





Os contidos, clave da Sociedade da Información





Unha das principais conclusións do Congreso están no papel que ten que xogar os medios de comunicación na Sociedade da Información. Para os organizadores, a relevancia dos contidos propios é clave para o papel que poidan xogar os pequenos pa’ses na sociedade do futuro: "debatir o papel que cumpren os pequenos pa’ses de Europa no proceso de mundialización, nos que as se–as de identidade pasan pola lingua e por un tipo de contidos que no mundo da industria cultural estanos a facer hoxe en d’a visibles".

Para os expertos reunidos no congreso, "calquer proxecto que se pense para a Sociedade da Información debe definirse necesariamente dende os contidos. Isto quere dicir que unha das primeiras necesidades da sociedade da información é a aprendizaxe, a educación para os medios de comunicación, feita dende a diversidade cultural".

Os participantes no congreso remarcaron a necesidade de "levar a tódalas instancias pol’ticas europeas, nacionais e autonómicas propostas concretas para o fomento da diversidade cultural nos contidos pensados para un consumo interno e máis internacional".




A educación para os medios: tecnoloxía, creación e arte








As’mesmo, dende os representantes das universidades finesas e máis da galega, expresouse a necesidade que a formación académica universitaria propicie unha formación pluridisciplinar que saliente os aspectos tecnolóxicos, creativos e art’sticos e profesionais como xeito de acadar unha formación de maior diversidade. O Congreso "Galicia-Finlandia. Modos de pensar" rematou hoxe cun percorrido dunha das etapas do Cami–o de Santiago: o tramo Leboreiro-Melide, simbolizando o fenómeno da comunicación intercultural na historia de Europa.