
Enfrontarse a un concepto coma “novo escritor” supón en si mesmo un desafÃo. Segundo explica Elvira Riveiro, coordinadora da mesa Presenza e invisibilidade das/os escritoras/es na sociedade actual, que se desenvolve no seo destas xornadas. “É un tema complicado, por escritor novo poden entenderse moitas cousas, desde o que ten pouca idade ata o que publica por primeira vez. Tamén se poden entender como tal ao que escribe de xeito novidoso. Realmente o máis sinxelo é optar polo criterio de idade, pero ¿onde encadramos os que acaban de publicar a primeira obra con entre 35 e 50 anos? Por outra banda, ¿Podemos chamarlles novos aos que escriben dun xeito xa ultrapasado? É complexo”. Coincide no problemático da cuestión MarÃa Xesús Nogueira, coordinadora da mesa CartografÃas literarias no novo século. “Pode ser un termo mesmo pexorativo, se se considera coma escritor pouco experto. Penso que no fondo da cuestión está algo que me gustarÃa saÃse neste encontro, que é a necesidade de atopar unha fórmula que sitúe estes escritores á marxe das clásicas teorÃas da xeración ou mesmo das vencelladas á idade”, explica.
Os galegos
Centrándose no caso galego, Nogueira pensa que “agora están máis ou menos etiquetados os escritores dos oitenta e semella que se fala dunha promoción dos noventa, pero hai unha serie de escritores que comezaron a publicar entre dous séculos aos que penso que ainda cómpre buscarlles unha definición ou uns trazos de identidade”, incide. Pola súa banda, Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), apunta que na actualidade “o escritor novo está atento aos estÃmulos dunha realidade moi concreta e moi cambiante, co peso da imaxe, das novas tecnoloxÃas e mais da globalización. Penso que o de hoxe é un escritor que está cheo dun fondo substrato ético, para nada cumpre a imaxe de despolitización. Penso que os escritores que están a emerxer teñen unha grande conciencia do tempo que están a vivir e da súa problemática”.
Os nomes
Para concreta algo máis de quen estamos a falar, no Encontro de Novos Escritores atopamos autores coma Oriana Méndez, Mario Regueira, Iolanda Aldrei, Samuel Solleiro, Leo Campos, Eduardo Estévez, Carlos Negro, Marta Dacosta ou MarÃa Reimóndez entre outros. Todos eles participarán mesas redondas, conferencias e un recital. Segundo explica Cesáreo Sánchez Iglesias, as claves do evento serán “reflexionar sobre conceptos coma o de xeración ou como se están a incorporar as novas tecnoloxÃas á creación literaria”. En xeral “o encontro vainos permitir botar unha ollada con certa perspectiva sobre o que aconteceu desde o último, en 2002. Neste tempo tamén se fixeron evidentes cuestións coma a necesidade de que o escritor teña unha certa visibilidade social”, completa.
A variedade de estilos
A nivel literario, para MarÃa Xesús Nogueira “se algo define esta xente é a total pluralidade de estéticas, aÃnda que raras veces unha época tivo unha soa estética. Neste momento hai unha riqueza bastante grande en diferentes xéneros, resulta difÃcil marcar determinadas tendencias, pero é moi positivo que estean a convivir diferentes xeitos de entender a literatura”. Precisamente, a mesa que ela coordina, centrada nas cartografÃas literarias, “precisamente quere ver os xeitos de entender a literatura e mais a propia obra que teñen estes autores. Tamén agardo que nos axuden a superar periodizacións e cartografÃas previas. GustarÃame que xurdise n debate sobre quen somos os que estamos a escribir, como nos ollamos e como nos situamos a nós mesmos”, completa. Para Elvira Riveiro dentro desa variedade “polo que vexo hai grupos de xente con influencias mútuas ou lecturas comúns, e ao tempo existen autores que fan cousas moi diferentes. Agora tamén hai máis posibilidades de viaxar e de coñecer outras culturas, e hai acceso a traducións que antes non habÃa. Iso tamén deixa un pouso e fai que cada un tome influencias moi diversas”.
A rede e a edición
En xeral, os especialistas consultados coinciden na importancia da rede para a promoción dos escritores. No entanto, semella que continúan os problemas habituais para chegar á edición convencional. “Nos últimos anos Internet abriu moitas portas para se dar a coñecer. Logo están os premios, os recitais ou os colectivos literarios, que xa desde sempre lle permiten a moitos autores novos darse a coñecer. Pero nos últimos anos sen dúbida o que deu un maior impulso foi Internet”, lembra Riveiro. Coincide tamén Cesáreo Sánchez en que os novos escritores teñen máis oportunidades para se dar a coñecer, pero recoñece que “nunca foi doado publicar por primeira vez”, e incide de novo na importancia dos premios. Alén destas posibilidades, MarÃa Xesús Nogueira apunta que “non vexo as posibilidades de publicar nin mellor nin peor que hai dez anos. O que non están a xurdir son demasiadas plataformas novas a nivel promocional. As publicacións periódicas ou as plataformas editoriais semella que están nun impasse”.
Dun xeito ou doutro, haberá que agardar a que acabe o encontro para ver como os propios autores analizan os seus problemas e, quen sabe, se dos actos deste venres e deste sábado en Mariñán xorden novos conceptos que nos permitan definir mellor estes autores que xa non son dos noventa e aÃnda non están no 2010.