O día da tradución lembra o traballo e a figura de Valentín Arias

Traduciu ao galego a obra de Jules Verne

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Foi un estudoso da tradución e da función do tradutor en países con linguas minorizadas. Pero tamén pasou ao galego as obras de Jules Verne "A volta ao mundo en oitenta días", "Viaxe ao centro da terra" e "Da Terra á Lúa". Vicente Arias López (Sarria, 1934) é o homenaxeado no día de san Xerome (30 de setembro), patrón dos tradutores e dos intérpretes. Nese día desenvolverase un acto de homenaxe e unhas xornadas sobre terminoloxía organizadas pola Asociación de Tradutores Galegos, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación e a Consellaría de Cultura.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Jules Verne, Asociación Galega de Profesionais da Tradución, Asociación de Tradutores Galegos...