A Facultade de FiloloxÃa e Tradución da Universidade de Vigo resultou este ano merecente do IIª Premio Xela Arias outorgado pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI). O galardón naceu o pasado ano coa fin de recoñecer a empresas, entidades ou persoas que destaquen pola promoción da tradución ou interpretación cara ou desde o galego. Deste xeito, trátase de dar a coñecer a profesión, pór en valor o galego como lingua de traballo e reivindicar a figura da poeta e tradutora galega Xela Arias. Nesta segunda edición, o xurado conformado pola Xunta Directiva da AGPTI e por MarÃa Alonso Seisdedos, galardoada na pasada edición, decantouse pola candidatura da Facultade de FiloloxÃa e Tradución pola súa importancia "para a formación de profesionais da tradución e da interpretación en Galiza, desde a creación dos estudos de Tradución e Interpretación en 1992, cun significado transcendente para a profesionalización da tradución cara o galego". Ademais, consideran que a FFT é "un axente imprescindÃbel para a evolución continua do sector, non só pola formación senón pola súa implicación coa mellora das condicións de traballo dos e das profesionais", como explican dende a asociación. O premio entregarase durante a 12.ª edición da Culturgal (do 29 de novembro ao 1 de decembro de 2019) no Pazo da Cultura de Pontevedra.