A Asociación Galega de Editoras recibe o Premio Xela Arias

O galardón está outorgado polos profesionais da tradución

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:
A Asociación Galega de Editoras recibe o Premio Xela Arias

Por unanimidade, o xurado do VI Premio Xela Arias, formado polos membros da Xunta Directiva da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) mais unha representación da Mesa pola Normalización Lingüística, como entidade gañadora da edición anterior, decidiu outorgar o premio á Asociación Galega de Editoras pola importancia do seu traballo a favor do colectivo editorial, así como por representar un sector cunha gran pegada pública no que a profesión da tradición "ten unha visibilidade moi relevante e no que o diálogo entre profesionais e empresas é moi aberto e directo". O xurado sinalou que nos últimos anos constatouse un "aumento na aparición de editoras que teñen a tradución como unha das súas principais áreas de traballo", polo que este premio é, tamén, segundo eles, a forma de agradecer desde a AGPTI ese vínculo co seu sector e de valorar moi positivamente que a relación entre tradutoras e editoras estea cada vez máis profesionalizada. Ademais, o xurado do Premio Xela Arias quere agradecer a traxectoria da Asociación Galega de Editoras como entidade colectiva e o seu traballo reivindicativo a favor dun sector máis vivo e cohesionado.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xela Arias, Asociación Galega de Editoras, Tradución, Normalización Lingüística...