Convócase o premio de tradución Xela Arias

Está promovido pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Co obxectivo de dar a coñecer a figura da poeta e tradutora Xela Arias (falecida en 2003), a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación convocou por primeira vez o premio de tradución Xela Arias. Ten un carácter simbólico, sen dotación económica, e con el quérese premiar a empresas, entidades ou persoas que destaquen pola promoción da tradución ou interpretación cara ou desde o galego. As candidaturas deben ser remitidas á asociación por correo electrónico (info@agpti.org) cun prazo máximo do 18 de outubro. O fallo será público o día 30 deste mes.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Xela Arias, Asociación Galega de Profesionais da Tradución, Lingua galega