A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) daba a coñecer este 4 de novembro o fallo do VII Premio Xela Arias, co que a entidade recoñece "unha empresa, entidade ou persoa que destaque pola promoción da tradución ou interpretación cara ou desde o galego". Desta volta o galardón foi para Takekazu Asaka e Gabriel Álvarez Martínez, responsables de múltiples traducións entre do galego ao xaponés e á inversa.
Segundo apunta a AGPTI, os dous galardoados construíron "mediante o seu dedicado traballo unha sólida ponte entre as culturas galega e xaponesa, especialmente no ámbito literario". Takekazu Asaka, que xa recibira o premio Ramón Cabanillas polo seu traballo, verteu ao xaponés obras clásicas de Afonso X O Sabio, Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas ou Uxío Novoneyra, ademais de elaborar a primeira gramática galega para público xaponés. En 2023 foi nomeado membro de honra da Real Academia Galega. Gabriel Álvarez, pola súa banda, asinou unha ducia de traducións de obras xaponesas ao galego, e o seu traballo valeulle a Distinción do Ministro de Asuntos Exteriores do Xapón en 2022.
O comité responsable da selección estivo conformado pola directiva da Asociación de Profesionais da Tradución e mais unha delegación da Asociación Galega de Editoras, entidade galardoada na anterior edición do galardón. O premio entregarase nunha data por concretar, nunha cerimonia aberta ao público.