El Patito Editorial anuncia novos títulos

Para outubro está prevista a publicación de Aventura no camiño de Santiago

Aventura no camiño de Santiago, a obra que Primitivo Marcos comezara a publicar coa Deputación de Lugo, será o vindeiro lazamento de El Patito Editorial, no vindeiro mes de outubro, con edicións en galego e en castelán. Tamén para a mesma data está prevista a edición en galego do libro ilustrado De Profundis de Miguelanxo Prado. Ademais, e dentro da Biblioteca Feima de clásicos da historieta galega, sairá o volume As dúas viaxes de Xaquín Marín que recolle a primeira BD deste autor (inédita) e mais A longa viaxe de volta das estrelas, xa publicada no volume 2 Viaxes. Fausto Isorna, director daserie, anunciaba hoxe en La Voz de Galicia que está previsto que a colección conte cuns 15 volumes, a razón de tres cada ano. Entre outros, Isorna prevé publicar varios volumes que escolmen traballos de BD underground de varios autores. Precisamente mañá a compostelá galería Metro (Rúa Nova) acolle ás oito da tarde a presentaicón de Home Sweet Home de Eduardo Galán, ata o momento o último volume publicado nesta colección.