O Atlas de Morcegos de Galicia xa conta con 19 especies rexistradas

A Asociación Drosera de Lugo realiza un inventario para coñecer e protexer a estes animais

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
O Atlas de Morcegos de Galicia xa conta con 19 especies rexistradas

Viven en covas, en bosques de caducifolios e en construcións humanas. Son os morcegos, dos que os membros da Asocaición Drosera de Lugo esán a realizar o Atlas dos Morcegos de Galicia, un inventario en liña que documenta especies e colonias de morcegos ao longo de todo o país e que permitirá sistematizar a súa preservación. Segundo Roberto Hermida, o responsable do recentemente constituído o Grupo Galego de Ecoloxía e Conservación de Quirópteros, "levamos detectadas en Galicia 19 especies e podería haber algunha máis", o cal, segundo o membro da asociación, ´"é un dato moi bo, xa que na Península Ibérica hai cifradas entre 32 e 34 especies de morcegos, e en Europa entorno ás 40. Temos case a metade da diversidade de morcegos de toda Europa". Aínda que os morcegos están presentes en toda Galicia, a maior diversidade atopárona os investigadores no Caurel "con diferencia", no val galego do Navia e nas manchas de bosque caducifolio do Morrazo.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Europa, Morrazo, Península Ibérica