Comeza en Santiago o "Congreso Internacional de Itinerarios Culturais"

Cando viaxar é saber

As distintas ofertas de turismo cultural de España, e algunhas dos escenarios internacionais, estarán presentes os días 15 e 16 de novembro en Santiago. O congreso reúne no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, ós profesionais de xestión de rutas culturais neste foro enmarcado dentro dos actos de Compostela 2000.

Ouro e Encaixe




Dende a ruta de Don Quixote en Sanabria ó camiño do Ouro Romano, sin esquecer os camiños do encaixe por Camariñas e Vimianzo ou a Rede de Xuderías de España, estarán representados nesta xuntanza de rutas culturais. Máis de cincuenta entidades exporan as súas propostas de viaxe neste congreso. Ademáis dos expositores e das reunións de traballo entre profesionais, o programa ofrece conferencias e mesas redondas sobre diversos temas concernentes á promoción e xestión destas rutas. A inscripción para a asistencia ás sesións e acceso á zona de expositores é gratuita aínda que limitada.











Ponencias e comunicacións


As sesións de comunicacións ofrecen contidos tan diversos como, inicialmente, atractivos. Así, na primeira xornada as comunicacións abranguen dende "As rutas literarias das casas-museo de escritores", ate "O camiño do barroco en Hungría". No segundo día do congreso presentaránse comunicacións como a que atinxe á Rede de Xudeirías, ou a titulada "Cádiz, a mar e tres mil historias que contar". As conferencias e mesas redondas reunirán a participantes entre os que están Carlos Spottorno, Secretario Xeral da Comisión Española de Cooperación coa Unesco, Assem Al-Bacha, Director da área cultural do Legado Andalusí, ou Helena Vaz da Silva, Presidenta do Centro Nacional de Cultura de Portugal. Representantes de institucións nacionais e internacionais estarán presentes nas seis mesas de debate do foro



Visitas guiadas



No congreso tamén se failitarán os trámites necesarios ás institucións interesadas en conseguir a declaración de itinerario Cultural Europeo. A representación galega entre os cincuenta e tres expositores que encherán o vestíbulo do Palacio de Congresos ven da mán da Xunta de Galicia. os Camiños do Encaixe de Camariñas e Vimianzo, a Fundación Eugenio Granell, e a Comarca do Salnés. O congreso completaráse cunhas visitas guiadas a centros de interese cultural da área compostelá e finalizará cun concerto da Real Filharmonía de Galicia o día 16. O congreso é unha iniciativa da campaña "Europa, un patrimonio común" do Consello de Europa, e constitúe unha aportación do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte á programación da capitalidade cultural compostelá deste ano 2000.