El Patito edita Home sweet home de Eduardo Galán

Dudi no fogar

Home, sweet home de Dudi
Home, sweet home de Dudi
Unha recompilación das historias que Eduardo Galán Dudi publicou no Diario de Galicia entre 1987 e 1988 compoñen Home sweet home, que acaba de publicar El Patito Editorial. A obra, que se integra na Biblioteca Feima de Clásicos da Historieta Galega, chegará ás librarías a vindeira semana, e consta de 96 páxinas en branco e negro que inclúen unha pequena introdución. As reflexións dunha moza e dos bonecos cos que vive compoñen unha obra intimista na que non falta o humor.