O Pai Sarmiento tórnase `dixital´

O CCG publica na rede un gran número de materiais sobre o autor

12/6/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
22 lecturas | Compartido 0 veces

O Pai Sarmiento tórnase ‘dixital’

Poucos intelectuais galegos teñen producido unha obra tan inxente e multidisciplinar que o monxe beneditino Frai Martín Sarmiento. O frade foi unha das figuras máis importantes da cultura española do século XVIII e unha significativa parte da súa obra dedicouna a Galicia e ao estudo da súa lingua e cultura. Pero a maior parte da obra de Sarmiento, miles e miles de páxinas, permaneceu inédita ata agora. O Consello da Cultura Galega iniciou no ano 2002 o proxecto Obras de Martín Sarmiento para “rescatar” toda a súa obra inédita –dispersa por arquivos e bibliotecas de todo o mundo-, dixitalizala e investigala. O primeiro chanzo do proxecto ve agora á luz: un web que reúne a maior parte das publicacións do frade editadas ata o momento, moitos estudos e actas sobre a súa figura e acollerá nos vindeiros meses as versións dixitais dos primeiros volumes da súa obra inédita que o CCG está a rematar.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Frai Martín Sarmiento, Bibliotecas, Consello da Cultura Galega

Claves

Protagonistas
Conceptos