Tres millóns de euros reforzarán os contidos dixitais relacionados coa cultura e a lingua galega

A cidadanía tórnase dixital

26/6/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A cultura e a lingua galega terá máis presenza na rede. Ou polo menos isto é o que pretenden a Consellaría de Industria e o Ministerio homónimo. No marco do Plan Avanza, para fomentar a sociedade da información entre os cidadáns, preténdese crear un programa chamado Cidadanía dixital. Esta iniciativa contempla a creación de liñas de axuda e a convocatoria de premios que promovan a produción e publicación na rede de contidos culturais e conta cunha partida orzamentaria de 3 millóns de euros (1.842.077 por parte do goberno central e 1.229.000 por parte do autonómico).

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Consellaría de Industria, Goberno Central, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)