Nove millóns de euros ampliarán os programas Concellos Dixitais, Cidadanía Dixital e PEME dixital

O acordo entre a Consellaría e o Ministerio de Industria permitiu o investimento

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Consellaría e mais o Ministerio de Industria acordaron implementar tres addendas ao Plan Avanza. Mercé a estes acordos, investirán nove millóns de euros máis en Galicia para favorecer o desenvolvemento da Sociedade da Información. En concreto, será no ámbito dos Concellos Dixitais, a Cidadanía Dixital e mais a PEME Dixital onde se desenvolverán as novas medidas.

No campo dos Concellos Dixitais, a proposta pretende favorecer o desenvolvemento de Plans Directores da Sociedade da Información municipais e a implantación de servizos e aplicacións de administración electrónica. A nivel de Cidadanía as medidas agardan incrementar o número de usuarios de Internet, con axudas para adquirir computadores e apoio á creación de contidos para a rede. En canto ás pequenas e madianas empresas, unha das principais liñas é a axuda para o desenvolvemento do comercio electrónico.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet

Claves

Conceptos