O Fondo do Cine só destina 652.500 euros a promoción do audiovisual en galego

O BOE publica hoxe o convenio subscrito entre o Ministerio e a Xunta

20/1/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Lei do Cine, que entrou en vigor hai dous anos, explicita a existencia dun fondo para fomentar a industria cinematográfica e audiovisual en lingua cooficial distinta ao castelán. Ese fondo (chamado popularmente "Fondo dous") ten unha partida de 2.500.000 euros para promoción da industria nas linguas propias de cada comunidade. Dese fondo, Galicia recibirá 652.500 euros, tal e como figura no convenio subscrito entre a Consellaría de Cultura e o Ministerio de Cultura publicado hoxe no BOE. Esa partida servirá para subvencionar todas as iniciativas que a consellaría desenvolveu no 2008 en relación á produción, distribución e promoción da industria cinematográfica e audiovisual en lingua galega.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Lingua galega, Ministerio de Cultura

Claves

Conceptos