A Agapi e o Consello da Cultura Galega asinan un convenio para a difusión do material audiovisual galego

AGAPI-CCG

2/7/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Consello da Cultura Galega (CCG) e a Asociación Galega de Productoras Independentes (AGAPI) traballan xuntos para a promoción do audiovisual. E un exemplo desta colaboración foi o convenio asinado entre o presidente do Consello, Alfonso Zulueta de Haz e o da AGAPI, Valentín Carrera, polo que a asociación lle cede o seu fondo audiovisual ao CCG. O convenio establece que o depositario será o Arquivo Sonoro de Galicia, que se encargará da conservación e preservación do seu fondo para investigadores, e da súa promoción en internet a través do portal Culturagalega.org, que incluirá a AGAPI como entidade colaboradora.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGAPI, Consello da Cultura Galega, Internet, Arquivo Sonoro de Galicia...