A V Edicións dos Premios AGAPI do audiovisual galega, que se celebrou en febreiro do ano pasado foi tamén a última. Esta mañá presentáronse en Compostela os I Premios do Audiovisual Galego Chano Piñeiro, que subtiuirán a aqueles. Á Asociaicón Galega de Productoras Independentes (AGAPI) súmase nesta convocatorio a Asociación de Empresas Galegs do Audiovisual (AEGA), recentemente creada. Ademais, increméntase o número de categorías, que pasan de dezanove a vintecinco.
Novidades
Os premios do audiovisual pasarán a denominarse Chano Piñeiro en homenaxe ó director de "Sempre Xonxa", considerada a primeira longametraxe galega, morto en 1995.
Ademais da Asociación Galega de Productoras Independentes (AGAPI), que entregaba ata o de agora os únicos premios do audiovisual galego, convoca este certame a Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual AEGA), recentemente creada. Estas dúas asociacións agrupan á práctica totalidade das empresas dedicadas ó audiovisual no noso país. Onda estas asociacións, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Televisión de Galicia avalan a realización deste evento que será retransmitido por televisión.
Outra novidade destes novos premios é que os premios ós que poden optar as producción galegas amplíanse de dezanove a vintecinco. As novas categorías son as de presentador, mellor serie de ficción e TV-movie, mellor formato de TV, mellor maquillaxe e/ou perruquería e mellor actriz ou actor secundarios.
Mantense o Premio Honorífico Fernando Rey e o Premio Especial José Sellier, que serán outrogados polas xuntas directivas de AGAPI e de AEGA.
Certame e gala
Ás vintecinco categorías poderán presentarse todas as produccións de cine, video, multimedia ou televisión e os profesionais participantes en produccións galegas residentes ou nacidos en Galicia.
O prazo de admisión de traballos é ata o día 22 de febreiro, e só se admitirán produccións realizadas durante o ano 2001. O xurado estará presidido nesta edición por Luis Hueso e integrad por dous representantes de AGAPI, dous de AEGA, dous da CRTVG e dous da Consellería de Cultura. Nos primeiros quince días de marzo coñeceremos os catro candidatos a cada categoría.
De entre eles, os socios das dúas entidades e cincuenta persoeiros do mundo audiovisual escollidos por estas asociacións elexirán os gañadores antes do 22 de marzo. Nesta ocasión non poderán votar os gañadores de anteriores edicións.
A gala dos premios celebrarase no Palacio da Ópera da Coruña, e nela realizarase unha homenaxe á cidade de Nova York lembrando os intres estelares do cine musical de todos os tempos coa intervención dos actores máis destacados da escea galega sobre un guión de Ángel de la Cruz, que tamén guionizou "O bosque animado".