Agapi presenta un catálogo da producción independente para chegar aos mercados internacionais

O catálogo Agapi

13/11/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Asociación Galega de Productoras Independentes (Agapi) acaba de presentar no Festival de Cine Independente de Ourense o primeiro catálogo que agrupa toda producción independente realizada polas firmas galegas. Trátase, en palabras do presidente de Agapi, dunha “ferramenta de traballo que permitirá entrar nos mercados internacionais”. Cunha tiraxe de 500 exemplares (impresos e en soporte CD-Rom) comezouse a distribuír no propio festival, dentro da sección de “Título Provisional” á que acoden preto de corenta firmas chegadas da República Checa, Francia, Portugal e México e a partires da semana que vén nos mercados e eventos internacionais.

Máis información na nosa ficha da Agapi

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGAPI, República, Cine, Culturagalega...