Sete produtoras acoden a Cannes dentro da caseta propia que terá Agapi

Audiovisual en xira

30/9/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Continental Producións, Ibisa Televisión, Anxo Fernández Producións, Aldea Films, Vaca Films Studio, Interación C.I.M. e Studio XXI estarán do 4 ao 8 de outubro no MIPCOM, o principal mercado de programas de televisión do mundo que se celebra en Cannes. E fanno dentro de AGAPI que acode ao mercado por primeira vez cunha caseta propia. E máis preto, en Sitges a produtora Filmax presentará na sección oficial Fantastic a súa produción "The machinist", que se estrea estes días nos Estados Unidos. O festival de cine de Sitges desenvolverase do 2 ao 11 de decembro e incluirá unha retrospectiva sobre a Europa Imaxinaria, así coma un forum sobre ciberrealidade e unha homenaxe a Godzilla.

Máis información sobre as productoras Continental, Ibisa,  Vaca FilmsFílmax  e Agapi en AVG e sobre o festival de Sitges e Aldea Films nos seus webs

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AVG, Culturagalega, AGAPI, Cannes...