José de Cora, a Escola Galega de Cine e Vaca Films presentan os seus proxectos en Ourense

Distribuír e proxectar

14/11/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Festival de cine de Ourense enfila a recta final da súa oitava edición. E faino con máis proxeccións galegas. En primeiro lugar, José de Cora presentou a súa película “O ladrón de Reliquias” (CTV e Lugopress), despois a productora coruñesa Saga TV fixo o propio con “O derradeiro grolo”, dirixida por Olalla Piñeiro. A presentación das produccións continuaron coas curtametraxes da Escola Galega de Cine (Egaci) e os proxectos do xénero fantástico e de terror de Vaca Films.

Máis información na nosa ficha do Festival, da productora Lugopress e da escola Egaci

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ourense, Culturagalega, AVG...