A Xunta e o Goberno central achegan unha partida de 81 millóns para o plan Avanza

Cartos para avanzar

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os indicadores revelan que Galicia está á cola na Sociedade da Información, por iso, anuncios como os ofertados polo goberno esta fin de semana son sempre benvidos. O Secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Francisco Ríos, e o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinaron un convenio polo que investirán preto de 81 millóns nunha serie de iniciativas do “Plan Avanza”. Un programa que atende cinco campos: fogar e inclusión dos Cidadáns, desenvolvemento das TICs nas pequenas e medianas empresas, educación, administración e a dotación de infraestruturas de banda ancha.

Máis información no web do Proxecto

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Central, Educación

Claves

Entidades
Conceptos