O 82% dos galegos teñen acceso a Internet por banda ancha

A banda é ancha

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
No 2005 só as grandes cidades de Galicia tiñan acceso a internet de banda ancha. Hoxe, ademais delas, téñena o 77% dos núcleos de máis de 22.000 habitantes, pero no 2008 esa porcentaxe medrará ata o 100%. Son os datos que acaba de facilitar o Conselleiro de Innovación, Fernando Blanco, sobre a evolución desta tecnoloxía no noso país que facilitan dúas operadoras: R e Telefónica. Uns datos que permiten ao conselleiro ser optimista na consecución de obxectivos fixados no PEGSI, Plan Estratégico Galego da Sociedade da Información, de achegar a banda ancha ao 90% no 2010.

Máis información en El Correo Gallego e no web da Consellaría de Innovación e na nosa hemeroteca sobre o PEGSI

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Tecnoloxía, Culturagalega, El Correo Gallego