A revista Nós tórnase dixital no seu aniversario

A Xunta presenta novos formatos de acceso o seu contido

30/10/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: historiapatrimonioquiosco
29 lecturas | Compartido 0 veces
A coincidir co centenario da publicación do primeiro número da revista Nós, a Xunta anunciou a conversión a formato epub -adaptado para dispositivos de lectura electrónica- dos contidos da emblemática publicación. Asimesmo, tamén anunciou a "posta en marcha da nova páxina web revistanos.gal". Segundo a Xunta, o web "recolle todo o universo de Nós permitindo explorar directamente no corpo dos textos da revista. A través dun grafo do coñecemento, inclúense os datos das persoas, lugares, institucións e acontecementos históricos que rodearon á revista Nós durante os seus quince anos de vida". Pola súa banda, La Voz de Galicia publica hoxe un especial sobre a revista con colaboracións de Manuel Rivas, Sés, Malores Villanueva ou Manuel Rey. O especial pódese consultar en aberto no web.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades