Os libros de Kalandraka chegan a Corea coa traducción de "O traxe novo do rei"

De Pontevedra a Seúl

A editorial pontevedresa Kalandraka segue a rachar fronteiras na difusión dos seus libros coa traducción ó coreano de "O traxe novo do rei". A este libro seguirán outros dous títulos que serán editados no país asiático pola editora Hansol. E falando de traduccións, o sábado déronse a coñecer os gañadores do premio de traducción Plácido Castro. O xurado recoñeceu o traballo de Lois Tobío pola súa traducción de "Fausto" e o de Valentín Arias por "O sobriño de Rameau".

Kalandraka en Corea



O conto "O traxe novo do rei", unha adaptación do clásico de Hans Christian Andersen realizada por Xosé Ballesteros con ilustracións de João Caetano é o primeiro título da editorial Kalandraka publicado en Corea pola emprea Hansol.
A publicación realizouse en dúas versións, unha en coreano e outra no inglés que se emprega nese país.
O libro eidtouse orixinalmente en galego no ano 2000 dentro da colección "Os contos do trasno comodín".
A este título seguirán en breve "O coellliño branco", adaptación dun conto tradicional portugués realizada por Xosé Ballesteros e ilustrada por Óscar Villán, e "A cebra Camila", escrita por Marisa Núñez co mesmo ilustrador. Dase a circunstancia de que Óscar Villán obtivo en 1999 o Premio Nacional de Ilustración do Ministerio de Cultura polo seu traballo en "O coelliño branco".
O interese da editorial coreana Hansol nas publicacións da editora galega xurdiu durante a Feira do Libro Infantil de Boloña, considerada a máis importante neste sector.




Premios á traducción



O premio de traducción Plácido Castro, na súa primeira edición recaeu ex-aequo en Lois Tobío e en Valentín Arias polas traduccións do "Fausto" de Goethe e de "O sobriño de Rameau" de Diderot respectivamente. Os finalistas no certame foron Xosé Carballude Blanco pla súa trducción de "Sobre a amizade" de Cicerón e Ana María Valladares Fernández polo seu traballo sobre "O espertar" de Ket Chopin. Ó premio, que se outorgou o sábado, concorreran cincuenta e tres traballos.
Coa convocatoria deste certame, cun premio de 3.000 euros, preténdese recoñecer o traballo dos traductores do noso país e lembrar ó mesmo tempo o traballo de Plácido Castro, galeguista que foi unha das primeiras persoas en realizar traduccións ó noso idioma