Vai xa máis dun século da presenza masiva de galegos en América e da intensa actividade social e cultural da emigración. Agora, moitos dos descendentes daqueles que emigraron manteñen o facho do traballo nos Centros Galegos e desenvolven diferentes propostas. Este mesmo verán, o Foro da Xuventude analizará desde Arxentina os desafÃos aos que se enfrontan. Son a nosa remuda exterior.
Segundo confirman os datos do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega, os colectivos de emigrantes do noso paÃs adoitan estar formados por xente de idade. Evidentemente esta situación varÃa moito en función dos paÃses, e non é o mesmo a comunidade cubana, con galegos de terceira e cuarta xeración, que a venezolana, onde non é estraño atopar xente de pouca idade nas directivas dos diferentes colectivos do paÃs.
En xeral, de calquera xeito, semella que nos últimos anos se está a dar un certo interese por parte dos descendentes de galegos encol tomar contacto coa terra dos seus devanceiros, especialmente a través da cultura. Nese sentido, a música tradicional e os habituais grupos de baile concentran en boa medida a atención de mozos e mozas. Segundo confirma Gonzalo Fojo, secretario de Mocidade da Federación Unión de Asociacións Galegas en Arxentina, a situacón deste colectivo “é complexa. No cultural o despregue e abrumador. Existen innumerables conxuntos de baile e grupos de música. Na Federación hai trinta e tres institucións e a metade contan con corpos de baile, gaiteiros, cantareiras, coros ou grupos de recolleita”, lembra. “e iso sen contar a Xeito Novo, Sete Notos, Achaiva da Ponte ou a Agrupación Folclórica Baixo Miño”, completa.
Para alén do traballo fundamentalmente cultural, este colectivo corrobora unha maior implicación dos galegos novos da diáspora en diferentes propostas. “Desde 2004, que se creou a Comisión de Mozos, a participación medrou e creáronse novos espazos de acción”, lembra Fojo, “fixéronse recoñecementos aos mozos e mozas máis proactivos da nosa comunidade, homenaxes aos grandes mestres e mesmo se participou como grupo en proxectos coma o Mes de Galicia ou a Réplica do Camiño de Santiago en Bos Aires”.
Desde o Arquivo salientan a posible importancia que neste sentido está a ter a comunicación a través de Internet e, especialmente a inversións do fluxos migratorios, que fai que haxa que pense en voltar ao paÃs e se preocupe por se integrar. Tamén as polÃticas da Xunta para os galegos máis novos da diáspora, con campamentos, cursos e bolsas de estudos que lles permiten coñecer Galicia en persoa.
“O principal problema é a falta dunha visión comunitaria por riba das divisións partidarias”, recoñece Fojo. E é que, malia a distancia, tamén a nosa actualidade polÃtica ten a súa pegada neste colectivo. “Outro problema básico é a falta de comunicación real en todas as ordes: Entre pares, entre institucións, entre a diáspora e a Galicia territorial. Polo xeral falga un debate profundo entre as partes interesadas”.
Unha das principais propostas na que se está a traducir o traballo destes grupos é o Foro da Xuventude, un encontro que tivo a súa primeira edición no pasado 2006 e que prepara para o vindeiro mes de xuño o seu segundo lance. O encontro xurdiu da Federación Unión de Asociacións Galegas en Arxentina, que conta cunha activa sección de xuventude, e foi unha primeira proposta de reflexión sobre este sector. O encontro reuniu daquela volta máis de 600 participantes.
Precisamente é para se enfrontar a alguns destes problemas que o vindeiro Foro quere incidir nas cuestións da comunicación na colectividade. A comunicación interna nos diferentes colectivos, a coordinación entre eles, as posibilidades das tecnoloxÃas da información e da comunicación e mais propostas de accións comunitarias conxuntas son os catro eixes nos que queren incidir. O encontro celebrarase nas cidades de Bos Aires e A Prata os vindeiros 13 e 14 de xuño.
Máis preto do paÃs, temos un bo exemplo de actividade entre os máis novos do colectivo emigrante en Cataluña, onde diferentes entidades actúan coordinadas como Rede.cat e desenvolven unha intensa programación que, de novo, atopa nas expresións culturais o seu principal eixe: Concertos, ciclos de debate, romarÃas e mesmo os Espazos Radiofónicos Galegos en Cataluña amosan unha vitalidade extraordinaria.
Son só pequenos exemplos dunha mocidade que, tamén fóra do paÃs, está en movemento.