ADEGA amosará as posibilidades da enerxía solar na Semana Galega do Medio Ambiente

Un brinde polo Sol

Gastronomía solar, roteiros sobre o consumo enerxético na cidade, obradoiros tecnolóxicos, charlas e mesmo unha visita ás instalacións de enerxía solar do Parlamento de Galicia son algunas das propostas de actividades que a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) presentou para a Xornada Solar coa que a organización celebrará a Semana Galega do Medio Ambiente e que se celebrará o martes, 3 de xuño. Entre as actividades dos ecoloxistas, procederase á lectura do manifesto "Por un futuro sen carbón, por unha costa sen cemento e lonas negras" o domingo 8 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Será a cargo de Xurxo Souto na Praza das Praterías de Compostela ás 12 h e podes consultalo no noso extra adxunto.

ACTOS COMPLETOS (TEXTO DE ADEGA)

-Xornada solar. Actividades ao ar libre na zona monumental de Compostela relacionadas coa enerxía solar (talleres, roteiros, cociña solar...). Martes, 3 de xuño dende as 10 da mañán ás 8 da tarde.
Ás 19 h na Galería Sargadelos de Compostela, conferenza sobre a enerxía solar en Galiza.

PROGRAMA (se chove os actos de rúa pasan ao martes 10 de xuño)

10.00-19.00. Praza da Quintana. Exposición de aparellos solares: cociñas e fornos solares, cargadores solares para móbiles, PDAs, etc e outros aparellos, calculadoras, linternas, etc.
10.00-19-00. Praza da Quintana. Gastronomía solar: cociña e degustación de platos elaborados con enerxía solar, biscoitos, infusións, etc.
11.00-12.00. Casco Vello. Roteiro solar pola cidade (sairá da Quintana). A cidade consume enerxía, emite CO2, aproveita a luz solar…
12.00-13.00. Praza da Quintana. Obradoiro infantil: Pintura solar.
17.00-18.00. Visita ao Parlamento de Galiza. Instalacións solares e de enerxías renovábeis do Parlamento. Prazas limitadas. Apontarse no 981570099 ou por mail a adega@adega.info.
19.00-20.00. Galería Sargadelos. Charla-debate: Juan J. Álvarez Carril, Director Xeral do Inega; Elvira Cienfuegos, Concelleira de MA de Santiago de Compostela; Martiño Nercellas, técnico de Parlamento de Galiza; Alvarella; ADEGA

-Día Mundial do Medio Ambiente: xoves 5 de xuño ás 19 h na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar 19, Compostela), conferenza cargo do prof. Ramón Varela Díaz.
“O bosque galego e as emisións de CO2, presente e futuro. 20 anos da presentación da Inciativa Lexislativa Popular do forestal galego”.
Ramón Varela é doutor em bioloxía, foi ex-presidente de ADEGA e é un dos maiores expertos sobre cobntaminación atmosférica em Galiza, particularmente a relacionada coas emisións das centrais térmicas. Foi hai 20 anos o encargado de presentar e defender a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa do bosque autóctono.

-Concentración DMMA e lectura do manifesto "Por un futuro sen carbón, por unha costa sen cemento e lonas negras" a cargo de Xurxo Souto. Domingo 8 de xuño, día Mundial dos Océanos. Praza das Praterías de Compostela ás 12h.
Manifesto "Por un futuro sen carbón, por unha costa sen cemento e lonas negras".