Cinco historias de vinte páxinas ambientadas en diferentes épocas do noso pasado compoñen o primeiro volume de “Historias de Galiza”. A editorial Difusora de Artes e Ideas e mais a Dirección Xeral de Xuventude presentaban esta mañá a iniciativa, que conta con guión de Carlos Rafael e debuxos de Idoia de Luxán, Jerónimo Piñeiro, Juan LuÃs Pérez, Carlos Alfonzo Fernández e Jaime Eizaguirre.
Benito Losada, coordinador editorial do proxecto, explicou que a iniciativa quere contar con novos valores da banda deseñada galega, ofertándolles unha oportunidade de facer carreira neste campo. O proxecto, segundo explicou o guionista, “máis do que unha historia de Galicia conta historias ambientadas en diferents épocas. Tento que os protagonistas sexan máis os que sofren as historia do que os grandes nomes”. A colección suporá en total 25 historias, que se complementarán con anexos bibliográficos e de contexto. Para outono está previsto que saia publicado o segundo volume dos cinco que comporán a serie, co mesmo guionista e a posible incorporación doutros debuxantes.