Escoitando poesÃa na voz dun profesor, compañeiro seu do xurado dun certame poético para escolares, foise silenciosamente da vida o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro na Guarda a noite do pasado mércores a causa dun infarto. O escritor nado en Ribadavia aÃnda que guardense de adopción traballaba como profesor de ensino secundario no Colexio Padres Somascos desa localidade. A súa obra poética editada en galego comezou con “Matria da néboa” publicada en 1997 por Ediciós do Castro, en 2004 obtivo o Premio Cidade de Ourense de PoesÃa con “O clamor da Eclipse”. A súa derradeira publicación foi “Confiteor”, un poemario de temática cÃvico-relixiosa publicado por Litoral das RÃas. Ante o seu falecemento a Agrupación Cultural Guardesa expresou a súa fonda tristura e decidiu a suspensión dos actos programados para o DÃa das Letras Galegas.