A arte é moito máis que lecer. Pode ser unha potente ferramenta de socialización, asà como un mecanismo didáctico para chegar a colectivos con discapacidades. Sobre esta potencialidade falaron expertos e creadores no congreso “A arte como inclusión social”. Unha actividade organizada polo Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, que conta cun amplo programa dedicado a arte como terapia.

“A idea de facer o congreso foi para dar a coñecer un programa que levamos desenvolvendo desde hai tres anos como proxecto experimental. Chámase Programa de participación sociocultural a través da arte contemporánea e está dirixido a tres colectivos: desde o primeiro momento a discapacitados psÃquicos e sensoriais, e desde hai pouco incorporamos dous máis: os afectados por enfermidade mental desde hai poucos meses e os afectados por deterioro cognitivo, como o alzheimer, que leva máis dun ano en marcha” explica Jorge Núñez, o coordinador do departamento educativo do Macuf.
Os inicios
Pero as orixes de todo este proxecto educativo hai que buscalas no 2005, ano no que o Museo de Arte Unión Fenosa cumpriu dez anos e Carme Fernández pasou a ser directora. Fernández tivo que recoller o testemuño deixado por Luis Caruncho, que foi alma mater e director do proxecto e que pasaba a ocupar o cargo de ser asesor artÃstico. Caruncho conseguira situar o centro no cénit do coleccionismo privado, polo que mesmo chegou a ser premiado por ARCO, a feira de galerÃas máis importante do Estado, por desenvolver o mellor coleccionismo institucional de España. Carme Fernández anunciou daquela a esta redacción que alén de continuar as liñas xa trazadas e consolidadas, poñerÃa en marcha “un proxecto piloto interesante polo que significa integración de persoas, que acoden en menos intensidade aos museos. Nós non temos que esquecer que tanto na Coruña como na provincia temos unha poboación de 89.000 persoas con discapacidade. É unha cifra tan importante que nós como museo e como empresa queremos amosar especial interese”.
Tres anos despois, Jorge Núñez explica que teñen realizado actividades deste tipo preto de novecentas persoas. Unha cifra destacada tendo en conta que non fan unha convocatoria ao uso neste tipo de actividades para público xeral, senón que envÃan a información a diferentes centros, asociacións, colectivos de persoas que son os que asumen a iniciativa. As actividades, segundo explica o coordinador son completamente gratuÃtas, o único que teñen pagar é o transporte ata o museo.
As actividades
¿Como poden os diferentes colectivos achegarse ao mundo da arte? ¿Como aproveitan os diminuÃdos sensoriais unha exposición? Jorge Núñez explica que “as actividades preséntanse como unha visita guiada e un taller artÃstico relacionado coas exposicións temporais. Cando se renovan as mostras, hai un perÃodo de novo envÃo de información e o normal é que volvan as entidades que xa asistiron”. Cada exposición nova que acolle o Macuf, desenvolve unha baterÃa de actividades para discapacitados perfectamente adaptados ás súas necesidades. “Sempre se fai un traballo sinestésico e de asociación, sempre hai elementos táctiles, fanse reproducións noutros materiais. Ou se compran materiais para que os participantes se fagan unha composición. E sempre se traballa con asociacións de ideas, na exposición de Isabel Muñoz, con fotos de tribos etÃopes, fan alusión a un lugar concreto e se enriqueceu esa exposición de visita guiada traendo obxectos, instrumentos, para amplificar a experiencia. Manipular a propia actividade”. Iso si, todas estas actividades están desenvolvidas por profesionais especializados en atender a este tipo de colectivos. “Hai que ter unha formación especÃfica e tendo en conta que somos dúas persoas no departamento de educación, subcontratamos estas actividades aos colectivos especializados” asegura Jorge Núñez.
No congreso desta fin de semana, ademais de coñecer outras experiencias que se desenvolven tanto en España como en Europa, desde o Macuf deron a coñecer os resultados da avaliación destes tres anos de traballo. “Os resultados foron moi satisfactorios, asegura o coordinador do programa, tanto polas entidades, os propios afectados, para os que desenvolvemos un sistema adaptado para saber se lles gustou ou non, como os propios acompañantes”.
Mirar cara adiante
De cara o futuro, desde o Macuf non apostan por integrar novos colectivos senón que, como asegura Jorge Núñez, o que hai “é o inicio dunha segunda fase dentro da idea de integración. En paralelo ás actividades para discapacitados desenvólvense outras para público xeral e son estas as que pretendemos que sexan aptas para todos os colectivos. O que queremos é que participen afectados e non aceptados na mesma actividade, para conseguir unha maior integración”. Unha volta de torca a maiores que tentarán conseguir na medida do posible, aÃnda que saben que haberá grupos que deberán seguir sendo dentro desa convocatoria.