Falar en público, gravarse, escoitar contacontos, recuperar historias dos nosos maiores ou potenciar o recoñecemento do patrimonio inmaterial. Sexan certames, espectáculos, cursos ou webs, cada vez son máis as propostas que teñen como protagonista a fala. Dun xeito ou doutro, a vertente oral da nosa lingua está a conseguir nos últimos anos un protagonismo destacado. Analizamos o proceso.
Este mesmo mércores 30 de abril o Auditorio de Galicia está ateigado de escolares. Desde todo o paÃs, acoden para participar no “TÃralle da lingua”. Este certame que organiza a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG) desde hai oito anos “quere recuperar empregos orais para o galego, normalizar a lingua en todos ámbitos tocando temas variados. A idea é transmitir que en galego podes falar de calquera cousa”, explica Belén Ambroa, actual coordinadora do certame. Arredor de cincuenta centros participan cada ano nun encontro no que, logo de seleccións internas entre os diferentes centros, os mellores participantes ven a cara nesta actuación final. Sobre o escenario, todo tipo de propostas caracterizadas polo predominio da expresión oral. “Hai monólogos, parodias, pequenas representacións teatrais, propostas individuais ou en grupo, xente que conta chistes, anécdotas ou mesmo quen adapta obras literarias ou quen reproduce a tradición”, explica Ambroa. O proxecto, destinado a estudantes de entre Primaria e Bacharelato, repartidos en dúas categorÃas, foi ampliando o alcance, nas súas diferentes edicións, o que fixo necesario mudar a sede do final, desde o Teatro Principal ao auditorio de Galicia.
Outros xeitos de participar
Desde marzo e ata o vindeiro mes de xullo, un curioso artefacto está a percorrer a xeografÃa galega, instalándose nas prazas dunha trintena de vilas e cidades. Trátase do Contador, unha proposta coa que a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica quere “promover o uso da lingua galega nos lugares públicos, fomentar a creatividade e asociar o idioma propio do paÃs ao uso das novas tecnoloxÃas”. A base da campaña é que a xente interesada en participar se introduza neste cubo de tres metros de lado, onde se senta e conta unha historia que é gravada en video. As historias lÃganse entre si coa técnica do cadáver exquisito: Cada participante debe seguir a narración coñecendo unicamente as últimas palabras do anterior. Os videos resultantes poden verse no web da SecretarÃa Xeral. Tamén xoga coas novas tecnoloxÃas o Concurso Podcast que convocan conxuntamente a SecretarÃa e mais a AS-PG. Outra vez a base é contar historias, poemas ou o que for, gravándoos en audio e colgándoos da rede. O obxectivo é que “calquera persoa incorpore de maneira sinxela en Internet poemas, contos, lendas ou comentarios realizados coa súa propia voz, recuperando a tradición oral como modo de transmitir cultura”.
A tendencia
Como se pode comprobar, nos tres casos falamos de iniciativas que buscan potenciar o emprego do galego oral, un ámbito que en moitas ocasións careceu de tratamento especÃfico nas campañas de normalización e que nos últimos tempos reivindica a súa importancia. Henrique Monteagudo, secretario do Consello da Cultura Galega, director do Centro de Documentación SociolingüÃstica apunta unha serie de factores que poden incidir nesta tendencia. “Penso que esta nova atención que se está a prestar á oralidade ten moito que ver coa presenza do galego nos medios e cos problemas do ensino do galego”, reflexiona. “Nos primeiros anos do proceso de recuperación da lingua o foco foi a escrita. Co paso do tempo e co cambio da propia situación do idioma, máis os problemas que presentaba o modelo oral dos medios, que foi un tema moi discutido, foise vendo a importancia da oralidade, e saiu á tona a realidade de que a lingua é fundamentalmente falada”. Conclúe. É nese marco que se sitúan as apostas que nos últimos anos van aparecendo para promover o emprego do galego hora. “Faise evidente que precisamos uns modelos de fonética propios e non calcados do castelán e, por outra banda, que hai un inmenso patrimonio lingüÃstico que é a propia lingua falada”, conclúe Monteagudo.
A recuperación
Precisamente unha peculiaridade do traballo encol do galego oral é que boa parte das iniciativas que se desenvolven ao seu arredor implican un proceso de recuperación de fraseoloxÃa, contos e lendas tradicionais. E é que o modelo de expresión e mais as propias historias atópanse nas falas dos maiores. “Neste momento dáse unha revalorización das modalidades idiomáticas máis espontáneas, e vese que a riqueza da lingua non está só na literatura e no estándar, senón que o fondo máis importante está no que a xente fala”, lembra Henrique Monteagudo. Malia a que a idea semella óbvia, debemos ser conscientes de que a nosa oralidade posúe unha especial riqueza que en moitos casos corre risco de desaparecer. “A nosa lingua falada ten moita variedade. Precisamente ao non ter un estándar evitou o efecto que ten como corsé que diminúe esas múltiples formas. Ademais existe moita curiosidade por coñecer esa variedade, e ver como falan nun sitio ou noutro”, conclúe este filólogo. Deste xeito, non nos debe estrañar que estas propostas a prol da normalización do emprego oral do idioma coincidan no tempo con inciativas de recuperación do noso patrimonio inmaterial nunca vistas con anterioridade coa actual magnitude.
Máis casos
AsÃ, podemos vencellar a esta recuperación do oral unha experiencia coma a candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO, nada a partir doutra experiencia de oralidade na escola como é “Ponte... nas ondas”. Entre as innúmeras iniciativas que se desenvolveron dentro desta proposta atopamos, entre outras, a Mostra da Oralidade Galego Portuguesa, con sete edicións, á que se poden sumar as diferentes iniciativas de recollida de patrimonio deste tipo. A Festa da Narración Oral de O Pino, nada aÃnda en 2007, a o Certame de Monólogos da Universidade de Santiago de Compostela (tres edicións) ou o da Asociación Saraiba do Mar de Sanxenxo (leva sete), son outras propostas que evidencian o interese pola expresión oral. Tamén é certo que este auxe coincide en boa medida cunha revalorización do traballo dos contacontos e coa moda mediática dos monólogos humorÃsticos, que multiplicaron o número de persoas que se atreven a practicar este tipo de propostas. Nesta liña cabe situar a Semana da Oralidade de Lugo, que se centra precisamente no traballo de acontecementos de todo o mundo e que chega xa á súa sexta edición cun destacado éxito de público.
O ensino
Como se pode comprobar, non é estraño que estas iniciativas están vencelladas no ámbito do ensino, e buscan mellorar a competencia oral dos estudantes de galego, ao tempo que normalizar a nosa lingua. Para abordar este tipo de cuestións, cómpre unha preparación previa que, no caso do “TÃralle”, implica cursos de formación para os profesores. “Antes do certame fanse cursos para que os profesores saiban como abordar a oralidade na aula. Trabállase a expresión oral ou a evolución da tradición en Galicia neste sentido, tratando desde Fole ao monologuista Rober Bodegas, por exemplo”, explica Ambroa.
As novas tecnoloxÃas
Como se pode observar en varios dos exemplos achegados, as novas tecnoloxÃas teñen a súa parte no proceso de difusión da nosa lingua oral. O acceso a arquivos de audio e de video á carta mediante Internet, con propostas coma Youtube ou os Podcasts está a facilitar o acceso ás máis variadas manifestacións faladas do galego. Temos exemplos coma o web do Arquivo Sonoro de Galicia permÃtenos escoitar variedades dialectais da nosa lingua localizadas xeograficamente. De xeito semellante, a iniciativa Escoitar.org, orixinariamente destinada a albergar paisaxes sonoros asimesmo xeolocalizados, alberga tamén diferentes rexistros da nosa fala.