A posibilidade de que a serie “North Wind”, que debuxa o vigués Alex Cal, sexa trasladada ao cinema, seduciu os compañeiros de “La Voz de Galicia” que inclúen na súa edición viguesa unha entrevista con este autor. Na sección de cultura do mesmo xornal podÃamos ler onte un cuestionario a Jacobo Fernández encol do seu último lanzamento, “Aventuras de Cacacuequi”. Ao tempo, seguindo coa xira que semella que está a facer Miguelanxo Prado, atopamos que o autor estará presente hoxe mesmo en Avilés a través das páxinas que realizou para a versión en BD de “Pedro e o lobo”. A Casa de Cultura desta localidade organiza un concerto didáctico arredor desta obra musical de Prokofiev.