Están xa a facer as maletas. Os preto de trinta autores que participan a partir de mañá no Saló del Cómic de Barcelona prepáranse para atender unha intensa axenda. Para alén de participar nas sesións de sinaturas programadas no posto promocional instalado pola ConsellarÃa de Cultura, son moitos os que, coma David RubÃn, Alberto Vázquez, Carlos Portela ou Miguelanxo Prado terán encontros co público nos stands das súas respectivas editoras. Como grandes novidades editoriais para este evento, El Patito Editora achega as xa anunciadas edicións de “Aventuras de Cacauequi”, de Jacobo Fernández e mais “Os compañeiros. A orde da pedra”, de Miguelanxo Prado, primeiro volume da Biblioteca Feima de Clásicos da Historieta Galega. O número 11 de “Barsowia”, o segundo de “BD Banda”, novas entregas de “Las historias de Mariano” e de “Fuck Cómics”, as traducións ao castelán dos álbums “Thom” e “Tito Longueirón” e mais o último número de “Retranca” completan o listado. Ademais das presentacións de todos estes produtos, unha mesa redonda na GalerÃa Sargadelos reunirá a Mariano Casas, Iria Lago de Toxosoutos e David Amoedo de Fuck Cómics para debater as claves da edición de BD en Galicia.