É asesora da UNESCO en temas de diversidade cultural e tecnoloxÃa, traballa co Consello de Europa na regulación de contidos para os medios de comunicación e é profesora na Universidade de ParÃs, Sorbona III. Divina Frau é unha experta na súa materia que é a de comprobar como respostan ás diferentes culturas ao reto da tecnoloxÃa. Falamos con ela para coñecer cal debe ser a actitude ante a realidade que nos tocou vivir.
O primeiro dos foros de debate programados para celebrar os vinte e cinco anos do Consello da Cultura galega, rematou esta fin de semana evidenciando cal era o contexto social, económico e tecnolóxico que sitúa á Galicia actual na Sociedade do Coñecemento. Unha das primeiras constatacións que no foro se abordaron pasa porque non era a primeira vez que se produce un proceso de internacionalización e de intercambio. O que marca a diferenta é que agora, eses fluxos sucédense de xeito inmediato. Ademais, nesa nova realidade hai tres actores: o sistema público, cos diferentes gobernos; o privado, a través das diferentes empresas e, por último, a sociedade civil. É neste último punto onde pon o acento Divina Frau, ao considerar que hai que mudar a “conetividade en colectividade”. E para iso cómpre apropiarse na tecnoloxÃa. “Hai paÃses que teñen un despregamento tecnológico importante pero non son inteligentes e hai outros, como é o caso de Galicia, que teñen unha lingua propia, unha cultura e só lle falta dar ese salto á tecnoloxÃa para darse a coñecer”.
Como apropiarse da tecnoloxÃa
Hai catro formas de apropiarse da tecnoloxÃa desde o punto de vista de Divina Frau. En primeiro lugar, buscar unha territorialización das redes e usalas para difundir a información atendendo a criterios xeográficos. En segundo lugar, utilizar as redes virtuais para maximizar as redes fÃsicas para potenciar os seus lazos. Pero tamén “debemos buscar escándalos para facernos visibles” asegura Frau. Por último, utilizar os efectos estructurantes das redes. “Hai redes de conexión e que non teñene contidos e hai redes de contidos que non teñen difusión e hai que cruzar ambas realidades” asegura Divina Frau. Agora ben, depende dos cidadáns, desa sociedade civil da que fala Divina, saber aproveitar as oportunidades que a tecnoloxÃa ofrece á diversidade cultural.