Marzo é o mes do teatro. Ou polo menos na Radio Galega que durante todo este mes deixou un oco na súa programación para catro obras pensadas e concibidas específicamente para este medio. Como se facía antes, con aquelas exitosas radionovelas que concentraron a miles e miles de imaxinativos oíntes. Unha pequena mostra de que a radio tamén é un medio creativo e que o Diario Cultural quixo recuperar co Premio de Teatro Radiofónico que xa ten gañadores. Escóitaos!
Houbo un tempo no que a radio era o único medio de comunicación que empregaba todo o mundo para informarse. Foi entón cando decidiron abrir as súas posibilidades á creación e así naceron as famosas radionovelas que concentraron a numerosos oíntes e que foron todo un fenómeno de masas. Hoxe, coa popularización de múltiples medios de comunicación, a radio perdeu aquela frescura creativa. Por iso, o Diario Cultural da Radio Galega decidiu abrir unha fiestra nova para a experimentación: é o Premio do Teatro Radiofónico que nesta edición comparte premio. A nosa intención era recuperar o xénero do teatro radiofónico, non tanto para recuperar o formato anterior senón para buscar o teatro desde unha escrita actual. Ademais, tamén queríamos abrir a radio aos textos dos autores contemporáneos explica Ana Romaní, directora do Diario Cultural da Radio Galega, promotora desa iniciativa. E o anzol que lanzou o programa foi moi ben recollido tanto pola audiencia como polos autores. As máis de seiscentas votacións e a trintena de textos presentados son a mellor mostra.
Esta edición
Nesta edición houbo catro obras que pasaron a primeira peneira, que é a que lles permite ser adaptadas para a radio e emitidas diariamente. Ola Silvia, estás aí de Fátima Rodríguez utiliza o recurso do contestador automático para tratar o tema do abusos no contorno familiar próximo. O Saltimbanqui de Lois Pérez é unha sucesión de historias. A comedia O mal da vaca de Begoña García é unha historia rural moi sorprendente. O último capítulo é unha montaxe que emprega algunhas referencias literarias, parateatrais que tamén é unha historia un pouco sorprendente explica a xornalista Ana Romaní. Catro textos finalistas e dous gañadores desta edición na que o xurado e a audiencia decidiron que tanto O Saltimbanqui como O mal da vaca foron os vencedores. O premio, tanto o que concede o xurado, como o da audiencia está dotado con 3.000 euros.
Para a directora do Diario Cultural importa tanto o que se di como a forma na que se di, isto é, o modo no que o tema se axusta ao medio radiofónico. Para Ana é certo que a radio é moi popular pero é un medio moi descoñecido porque non ten nada que ver escribir para a radio, que para un escenario ou para a televisión, demanda uns recursos diferentes: os textos que recibimos requiren unha adaptación. Esa adaptación significa preparalo para ser escoitado. E aquí é onde entra o Centro Dramático Galego, a outra entidade convocante do premio, que designa a unha persoa do mundo dramático para levar a cabo a recreación sonora deses textos. Este ano, o encargado de facelo foi Quico Cadaval.
Ás veces os textos veñen con indicacións visuais e hai que mudalos para indicacións sonoras asegura ana Romaní que considera que malia a lonxevidade do medio os autores e as autoras non están familiarizados para os seus recursos. Hai que ter en conta que é algo que se escribe para ser escoitado e ao escoitalo se poida imaxinar pero non se ve asegura o director. E así o ten que interpretar a audiencia, que ao longo do mes de marzo (entre o 11 e o 28) emitiron os distintos capítulos en varios espazos da programación da Radio Galega.
Os precedentes
Non era a primeira vez que o Diario Cultural da Radio Galega abría unha fiestra á creación. Hai uns anos presentou un proxecto para narrativa. O resultado foi a publicación Na radio: 56 historias no aire que presentou a editorial Xerais e no que, segundo lembra Romaní, pedímoslle a 56 narradores e narradoras que crearan un texto específicamente para o medio radiofónico.
Ademais, cada ano a Axencia Española de Cooperación internacional convoca xunto con Radio Exterior de España o premio de Teatro Radiofónico Margarita Xirgú, co obxecto de estimular o labor de creación dos autores dramáticos españois ou nacionais de países iberoamericanos e fomentar a cooperación cultural no campo do teatro radiofónico. Non é o único exemplo, a BBC foi pioneira na adaptación de pezas de teatro para a radio, un feito que agora desenvolven numerosas emisoras. Hai unha tradición importante de teatro radiofónico e un corpus de textos teatrais e de autores que traballaron o medio radiofónico e nós queremos situarnos nesa onda asegura Ana Romaní.