A representación artística da paisaxe e mais a arte contemporánea non casan, polo común, no maxín da maior parte da xente. Polo tanto, pode resultar ben curioso que un centro coma o MARCO de Vigo, habitualmente centrado en propostas vangardistas, dedique unha mostra á paisaxe. Desde o pasado sete de marzo e ata o vindeiro mes de maio “Paraísos indómitos” achega as visión de vinte creadores actuais encol da natureza, amosando como a visión do noso contorno mantén vixencia na creación artística.
Son corenta e seis obras, na súa maior parte fotografías e videos, que achegan novas visións do noso contorno, centradas en espazos case inexplorados e participando da denuncia encol dos problemas ecolóxicos do planeta. A comisaria de “Paraísos indómitos”, Virginia Torrente, explica o seu interese por organizar unha mostra baseada na fotografía de paisaxes para un centro de arte contemporánea. “A idea era que a mostra se basease en fotografías e videos. Precisamente a primeira fotografía é a descritiva que fan os grandes fotógrafos americanos coma Ansel Adams xa a finais do século XIX, centrada na natureza”. Desde aquela, como non, a relación entre esta arte da imaxe e mais o contorno foi mudando, influída tamén polas diferentes correntes artísticas que se sucederon ao londo dos últimos cen anos. “O paisaxismo foi evoluindo ao longo do tempo xa desde eses comezos. E esa evolución é a mesma que tivo a relación do home coa natureza. Precisamos dela ao tempo que a destruímos, e a mostra tenta en certo xeito amosar esa relación esquizofrénica”.
A nova natureza
Así, non nos atopamos ante unha simple colección de imaxes dedicadas a resaltar a beleza de determinados espazos. A exposición afonda nas interpretacións da natureza que fan os autores a través da súa obra e presenta varias constantes transversais ao conxunto. “O eixe da mostra é a busca destes paraísos aínda por descubrir. Nesta altura do século XXI apenas queda un 1% da terra sen explorar, no Amazonas ou nos polos. E aínda así, quixen reflectir como continúa a busca utópica do paraíso sen descubrir”, lembra Torrente. “Tamén está presente a idea da expedición, que é un tema moi propio do século XIX que se tratou na arte e que evoluiu moito”. No extremo contrario a esas viaxes épicas, “téntase amosar tamén coma eses paraísos poden estar no estudio do artista ou á volta da esquina da súa casa.” Esa dicotomía aparece tamén no propio proceso creativo, xa que varias das imaxes que se poden ver na mostra son froito da participación dos creadores en auténticas expedicións científicas a recantos afastados do planeta. “A maiores está outra visión encol de que os paraísos en ocasións atópanse aínda virxes, mentres noutros casos están degradados”.
A variedade
De cara a amosar estas cuestións, a mostra escolma artistas de prestixio internacional con autores novos e pouco coñecidos, entre os que se descobren diferentes xeitos de abordar estas cuestións. “Na selección interesábame moito que reflectisen a busca da natureza, sen que iso implique que todos traballen coa natureza. Unha parte deles trabállana desde un punto de vista conceptual ou empregan elementos da mesma na súa obra”, explica Torrente. Fóra da parte fotográfica e videográfica, a mostra achega dúas instalacións que supoñen novos xeitos de se achegar ao medio natural.“Por unha banda Peter Coffin, que é un novo artista californiano, proponnos un invernadoiro cheo de plantas no que hai un equipo de música disposto para tocar”. O público pode introducirse na construción e tocar a batería, o baixo ou a guitarra. A maiores, unha serie de concertos achegará ao espazo da mostra diferentes grupos que se integrarán nesta creación. “A base e a idea de que a música é boa para as plantas”, lembra a comisaria. A outra mostra é un conxunto de obxectos, plantas e un mapa que ilustran o video da viaxe que o colombiano Alberto Baraya fixo polo conflitivo curso do Río Putumayo nunha patrulleira brasileira.
Futuros ollares
“Non é a primeira vez que a natureza está presente nun museo de arte contemporánea, e desde logo polo trato que estamos dando a natureza desde logo fará que non sexa a última”. Nese sentido, a comisaria reflexiona sobre o futuro da relación entre creación artística e medio natural. “Penso que a relación entre a arte e a natureza vai continuar por moi degradada que esta última estea. Así como se pode ver no catálogo a evolución da foto de paisaxe, o futuro pode ir un pouco polos artistas que traballan ao xeito de científicos tolos dando solucións para os problemas da natureza”. Está visto que imos seguir atopando natureza e paisaxe na creación contemporánea.