O vindeiro martes 11 de marzo comezará o calendario para por en marcha o “Consello de Compostela Cultura”. Un organismo de carácter asesor (polo tanto, non vinculante) que a concellarÃa de Cultura quere crear co obxectivo, entre outros, de formular informes e propostas que permitan fomentar a cultura da cidade de Compostela. O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, apuntou en rolda de prensa o carácter aberto deste organismo asesor, que pretende reunir todos os responsables do eido de cultura (polÃticos, creadores, colectivos, representantes da industria cultural....). Unha entidade necesaria para deseñar o futuro Plan Estratéxico da Cultura (2008-2016).
“Queremos comezar a elaboración dun plan estratéxico para a cultura de Compostela, que deberá abranguer un perÃodo amplo de oito anos, é dicir, dous perÃodos municipais (2008-2016)” explicaba Néstor Rego. Para conseguir ese obxectivo, o concelleiro apuntou que hai que dar unha serie de pasos previos. Entre eles, crear un consello municipal de cultura. “O plan encargaráselle a unha consultora especializada a través dun concurso público, pero queremos que a aprobación xurda no momento no que haxa un consello municipal” apuntaba o concelleiro, ao tempo que explicaba o procedemento previsto.
O calendario
O vindeiro 11 de marzo reuniranse no Auditorio Municipal os axentes culturais da cidade de Compostela. Alà coñecerán de primeira man o rascuño do regulamento que contén as liñas xerais do Consello de Compostela Cultura. “Unha xuntanza á que chegamos coa intención de que sexan as propias entidades as que establezan propostas, suxestións ou comentarios” explicaba Néstor Rego. Abrirase entón un perÃodo de reflexión e de presentación de propostas ata o 22 de marzo. Será entón cando se inicien os trámites administrativos para a constitución da entidade, nos que a cidadanÃa tamén terá acceso a opinar, xa que o borrador estará colgado do web municipal “Compostelacultura.org”. A previsión inicial é que esta entidade estea constituÃda a mediados de xullo e que teña un funcionamento semellante ao doutros consellos municipais que hai en Santiago.
A proposta inicial contempla, ademais do regulamento de funcionamento interno, que a composición desta entidade sexa ampla e inclúa unha representación proporcional dos grupos polÃticos municipais, representantes dos centros socioculturais, de entidades que teñen o seu ámbito de actuación en Santiago (Consello da Cultura Galega, ConsellarÃa de Cultura...), da industria cultural, de grupos afeccionados, asociacións, creadores e persoas de recoñecido prestixio.