Aprobouse o pasado decembro (entrou en vigor o 28 dese mesmo mes) pero aÃnda quedan moito aspectos por explicar. Por ese mesmo motivo, a Fundación Araguaney e o Consorcio Audiovisual organizaron unha xornada para explicar o novo marco xurÃdico. Na primeira das mesas redondas, o director do ICAA, Fernando Lara, explicou as principais novidades e os principios de orde cultural que rexen o texto xurÃdico.
Entre as cuestións que suscitaron maior interese do novo texto xurÃdico, destacou a creación dun fondo económico para fomentar a produción de traballos nas linguas cooficiais. O fondo, que está participado a partes iguais polas administracións central e autonómica, comezará a funcionar o 1 de xaneiro de 2009 e será xestionado polas propias comunidades autónomas. O capital inicial dese fondo será de dous millóns e medio de euros. Despois, a cantidade estará determinada polo que destinen as comunidades autónomas a protección da cinematografÃa en lingua propia, xa que o Estado achegará outro tanto. O debate xurdiu, cando os asistentes preguntaron se o criterio a seguir nas producións asociadas a ese fondo era a lingua de rodaxe ou a consideración de se era produción galega. Neste aspecto, Fernando Lara, director do ICAA, explicou que se trata “dunha medida de apoio á lingua e á cultura, máis que á industria cinematográfica”, polo que el entendÃa que era a lingua de rodaxe a que marcaba este fondo novo.
A outra das cuestións que suscitou máis interese e que explicou polo propio Lara foi a medida que figura por primeira vez na lei que é a das deduccións fiscais para empresas. Agora ben, Fernando Lara explicou que o Ministerio de EconomÃa é o competente en regular a figura das “agrupacións de interese económico” (que xa existen desde 1992), mentres que o de Cultura só garante que os tempos de resolución das deducións fiscais contempladas se axilicen á metade. “Existe unha pequena caracterÃstica neste punto que cómpre aclarar, apuntou Fernando Lara, quen asegurou que o produtor que forme parte desta agrupación de interese económico debe facelo en calidade, non de produtor, senón dunha actividade secundaria como a exhibición ou distribución". A explicación era sinxela, porque era para que non fora entendido como unha produción cinematográfica cun coprodutor financeiro.
En todo caso, Fernando Lara explicou que agora queda por diante todo o proceso de desenvolvemento regulamentario da lei, que acabará por aclarar e explicar todos os novos aspectos que faltan por precisar.