“Cine galego na rede” (cinegalego.es) e “Audiovisualdegalicia.es” son dúas novas ferramentas que acaba de presentar a SecretarÃa Xeral de Comunicación a través da Dirección Xeral de Comunicación. “Non son dúas páxinas web, son dous servizos para divulgación con traballo innovador” puntualizou Manuel José Fernández Iglesias. Dúas iniciativas que forman parte dun proxecto máis amplo para divulgar o audiovisual.
A implantación da TDT, que suporá a aparición de corenta canles novas, máis a necesidade da internacionalización do noso audiovisual son os dous motivos esgrimidos polo director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, para presentar as novas ferramentas de divulgación. “É a primeira parte dun traballo moito máis amplo” puntualizou.
Cinegalego.es
Este sitio novo nace coa intención de dar a coñecer as obras feitas en Galicia e é o resultado de recompilar información sobre os traballos audiovisuais, asà como unha mostra dixitalizada e datos de contacto do titular dos dereitos da produción. Esta ferramenta conta con 54 documentais, 69 curtas, 17 series de ficción, 44 series documentais, 8 tvmovies. “Un proxecto en continua incorporación” asegurou Manuel José Fernández.
Audiovisualdegalicia.es
Aproveitando o dominio xa existente, a SecretarÃa Xeral de Comunicación pretende atender a unha demanda de agrupar o contido que están a xerar diferentes entidades relacionadas co audiovisual. O resultado final é este portal que inclúe mostras dixitalizadas do traballo, máis a información doutras entidades. “Non facemos novo deseño gráfico, nin novos portais, senón que agrupamos o material que están a publicar todas as entidades, as asociacións, institucións, productoras...” aclarou Manuel José Fernández.
Por ultimo, o director xeral explicou que estes son os primeiros servizos dun proxecto moito máis amplo que pretende englobar iniciativas existentes (o certame “Curtas na rede”, as convocatorias de axudas...) con outros de futura creación (como o proxecto de dinamización da rede de telecentros, televisión por internet...).