Unha das eivas do teatro pasa pola súa situación financeira, pola dependencia das axudas públicas e pola precariedade laboral, tal e como apuntaba un informe encargado pola Consellaría de Cultura sobre ese sector. Por iso, o departamento que dirixe Ánxela Bugallo, estableceu na súa convocatoria de axudas deste ano un novo mecanismo: o Crédito-Cultura, para facilitar e normalizar o acceso das artes escénicas ao financiamento bancario. Falamos con representantes teatrais para coñecer a súa opinión.
En liñas xerais, os directores teatrais acollen con boa medida o crédito como mecanismo corrector dalgunhas das eivas da súa situación actual, como son a súa irregularidade no pagamento das nóminas, ou a súa dependencia de axudas públicas á hora de desenvolver a súa actividade, entre outras. Pero con matices. Por iso, as catro empresas consultadas teñen claro que van solicitar unha subvención para a produción do seu seguinte espectáculo, pero só unha está a considerar que vaia pedir crédito, cada unha polo seu propio motivo.
Unanimidade
Salvador del Río, de Teatro de Ningures, considera que o coñecido como Crédito-Cultura é unha vía máis, para mellorar o tecido teatral, pero debe ser entendido como un mecanismo de mellora e non para profesionalizar a práctica teatral, que hai anos que xa está profesionalizada. Ernesto Chao, de Lagarta, Lagarta, asegura que a fórmula me parece estupenda, pero hai que ter en conta que cada empresa ten unha situación económica distinta. Canda eles, Artur Trillo, de Talía Teatro apunta un matiz diferente que é que a idea é boa, na medida en que as administración se empezan a preocupar pola viabilidade das empresas teatrais, ademais de que poñen sentido de ir ao centro do problema que, como todos sabemos, é a dependencia total da administración. Trillo refírese, principalmente, á disparidade de tempo que hai entre que se representa unha función e logo se cobra. Un distanciamento que fai que as empresas carezan de liquidez que lles permiten pagar as nóminas aos seus traballadores e, motivo polo que as empresas necesiten recorrer aos créditos. Por último, Eduardo Alonso, de Teatro do Noroeste asegura que os créditos brandos, ou os intereses subvencionados, están moi ben na medida en que supoñen unha solución máis para a práctica teatral, pero tendo en conta que hai moi poucos cartos no sector, non me parece que sexa a solución máis axeitada. Teatro do Noroeste tampouco ten previsto solicitar o crédito.
As críticas
Se todo o mundo considera que o crédito é tan bo, por que non o solicitan todos? No fondo porque, tal e como di Eduardo Alonso, por moito que as condicións estean subvencionadas, segue a ser un crédito e, no fondo, hai que devolver os cartos. Desde o seu punto de vista, non é máis que unha solución momentánea a un problema que podería ter outras solucións. Principalmente, apunta Eduardo Alonso, conseguir un pronto pagamento por parte dos concellos implicados. Canda isto, Ernesto Chao, cada empresa é diferente e ten unha solución distinta. De feito, no caso de Lagarta, lagarta non teñen problema de liquidez porque tal e como montaron a empresa, planificaron a súa estratexia para que esa doenza non lles afectase. Ernesto explica que nós cando nos propuxemos facer a empresa, precisamente puxemos todo o noso capital privado, derivado doutras actividades artísticas, neste caso principalmente a televisión, para non ter problemas de liquidez motivado sempre nos atrasos dos pagamentos da administración local. A previsión de Ernesto, ou quizais a súa experiencia creando empresas teatrais, concedeulle unha maior previsión que fai que non precise desta medida. Conste que algúns pasos xa se deron na axilización dos pagamentos, sobre todo naqueles que suceden dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, xa que os concellos non poderán facer máis contratacións mentres non paguen as actuacións do semestre anterior.
Pero o caso de Lagarta, Lagarta é ben diferente ao de Teatro de Ningures que non recorrerá ao Crédito-Cultura por recorrer a outro. De feito, por aí van as súas críticas amplialo a outras actividades financeiras, explica Salvador del Río quen leva desde o 2001 acudindo a Caixanova para poder levar a cabo os seus espectáculos (o crédito que ofrece a Consellaría de Cultura só se pode subscribir con Caixa Galicia).
Quen non sabe aínda se precisará recorrer a esta vía é Artur Trillo. Neste momento Talía Teatro está a preparar E ti, de quen ves sendo?, un texto dirixido e escrito por Cándido Pazó que precisará de contratar a dezaseis persoas. Un número abondoso que implica dispor de cartos para poder pagarlle as nóminas aos traballadores que fai que Trillo estea a facer contas e mirar se será viable.
Outras realidades
Todas as empresas consultadas teñen previsto solicitar (o prazo está aberto ata o 15 de febreiro) unha axuda para a producción do espectáculo. Pero, segundo apunta Salvador del Río de Teatro de Ningures, que ninguén pense que coa axuda xa montamos o espectáculo, dependendo da montaxe pode cubrir o 60, 70 ou 80% da producción, pero nunca a súa totalidade de tal xeito que temos que buscar outras vías. Para Eduardo Alonso a mellora non debe partir da administración, senón do público, do capital privado, dunha maior implicación por parte de todos. No fondo, pide un cambio de modelo na xestión teatral.
Con todo, ninguén dos entrevistados cren que o crédito debe substituír a subvención. Malia que os do teatro levamos a sona, asegura Salvador del Río, acontece que todos os sectores, xa non só o cultural, senón tamén o primario están subvencionados. Segundo o seu criterio, se o teatro deixara de recibir subvencións, só se faría teatro comercial, aquel que arrase no despacho de billetes e a cuestión cultural deixaría de ser relevante. Entón, apunta Salvador, perdería a súa condición de sector estratéxico e cultural e sería un mercado.