Anos 80. Foi a década na que tivo lugar a maior unha profusión tanto no eido político como no cultural. E Galicia non foi unha excepción. A transición deu lugar a un certo aperturismo que se plasmou en movementos como a chamada movida viguesa. Canda ela, a popularización dos magnetoscopios caseiros deu lugar a unha efervescencia creativa que fixo que os ollos se fixaran en Galicia. Agora, unha exposición documenta ese momento e o seu comisario, Fernando Suárez, explícanos nun vídeo as claves para poder comprendelo.
Audio: Fernando Suárez, comisario da exposición
Imaxes: CGAC
Ficcións Analóxicas. O vídeo na Galicia dos oitenta é o título co que o Centro Galego de Arte Contemporánea repasa unha década especialmente significativa para a videocreación galega. A mostra arrinca cos traballos de Xavier Villaverde e Manuel Abad, que conformaron os colectivos Vídeo trama e Espello vídeo cine, que son o xermolo da creación audiovisual contemporánea. Pero non foi casual que todo isto tivera lugar nos anos oitenta. Foi nese momento cando Luís Álvarez Pousa foi nomeado director xeral de Cultura co que se inicia unha liña de subvencións que impulsaron o audiovisual tanto desde o punto de vista industrial como creativo.
A mostra divídese en tres seccións. Unha primeira na que recupera os traballos dos nomes máis destacados desta década (Eloy Lozano, Xosé Búa, Villaverde, Antón Reixa, Ignacio Pardo....). A segunda parte ofrece entrevistas (en formato vídeo) e documentación que axuda a comprender esta época e, por último, uinha pequena mostra de superoito, con mostras de traballos escasamente divulgados.