Estamos afeitos a saber de investimentos públicos na recuperación de bens patrimoniais. Semella que este tipo de iniciativas son cuestións filantrópicas que só corresponden á Administración ou a Fundacións sen ánimo de lucro. Pero non sempre é este o caso. A miúdo son colectivos sociais os que apostan por desenvolver proxectos relacionados co patrimonio común. Neste sentido temos un exemplo senlleiro na musealización de petróglifos que están a desenvolver, no Val Miñor, dúas mancomunidades de montes.
En Outeiro dos Lameiros, Baiona, está situado un dos principais conxuntos de petróglifos do noroeste da PenÃnsula. Trinta metros cadrados de pedra nunha parede vertical acollen representacións de animais, figuras abstractas e a maior concentración de figuras reticuladas do paÃs. No monte do contorno, a maiores, ata vinte pedras máis amosan gravados. Para alén da importancia intrÃnseca do conxunto, a situación destas obras prehistóricas non difire moito da de moitas outras espalladas no paÃs. A maior peculiaridade destes petróglifos é, no entanto, o seu proxecto de musealización, abordado de xeito pioneiro pola comunidade de montes que posúe o terreo.
A proposta
“A idea xurdiu da xunta rectora de montes” recoñece Xosé Lois Vilar, director da sección arqueolóxica do Instituto de Estudos Miñoraos (IEM) e director deste proxecto de posta en valor. “O seu presidente, Xosé Alfredo Pereira concibe o monte coma unha entidade multifuncional. Pensa que o monte non é só para tirar madeira del, se hai patrimonio hai que aproveitalo ou se hai gando hai que chegar a acordos con eles”. Con vistas entón nas posibilidades turÃsticas, económicas e culturais do conxunto, a entidade contactou co Instituto de Estudos Miñoraos, que achegou o seu coñecemento técnico para desenvolver a proposta. “O proxecto presentouse aos proxectos PRODER Vigo, e ao final concedeuse un 83% da axuda a fondo perdido e o resto, ata os 144.000 euros que custa o proxecto, achegouno a Comunidade”, explica Vilar.
O proceso
O feito de que os petróglifos adoiten estar á vista en superficie pode suxerir que o traballo da súa musealización pode ser sinxela. A realidade, no entanto, é ben máis complexa. “O proxecto comezou coa análise da parte arqueolóxica. Aà fixen todo o baleirado bibliográfico sobre o tema. Parte destes petróglifos descubrirámolos no IEM en 1984. Despois fÃxose unha prospección intensiva da zona, que permitiu descubrir unha serie de gravados que estaban tapados por sedimentos. E despois dúas restauradoras fixeron unha diagnose da situación das propias superficies”, explica. Unha limpeza de musgos e de liques, a corrección de escorrentÃas de auga que podÃan erosionar os gravados foron outros dos traballos abordados. “Desde o IEM desenvolvemos un rexistro gráfico dos soporte, tanto fotográfico como de debuxo”, lembra. “Para o debuxo o que facemos é perfilar os deseños con pos de talco disolvidos en auga, e logo durante o dÃa achegamos luz artificial rasante, que amosa o petróglifo como se fose de noite. Despois aÃnda pónselle un plástico por riba e márcanse os perfÃs”, explica.
A arquitectura
Logo de todo este traballo de preparación, chegou o momento de desenvolver aÃnda o proxecto concreto de musealización. “Aà hai unha parte que desenvolveu o arquitecto Xavier Mariño. Cómpre elaborar os carteis e as plataformas e pasarelas para acceder aos petróglifos”. A proposta, adaptada para un lugar illado como é o Outeiro dos Lameiros, opta por ofertar unha ruta autoguiada que os visitantes poden aproveitar sen depender de horarios ni persoal especializado. “Os petróglifos están todos nunha parede vertical, cómpre adaptar unhas escaleiras para subir e logo hai un punto de información en pedra e en rÃo, que aproveita augas das zona e leva unhas placas solares”. A idea é que este centro sexa o máis autónomo posible e que os seus contidos “sirvan de complemento á visita autoguiada e achegue información en folletos e libros sobre este espazo”, ademais de achegar servizos coma os baños.
A adaptación
Unha cuestión moi importante que atendeu o colectivo foi a accesibilidade do conxunto. Deste xeito, tanto os problemas de visión coma as persoas con mobilidade reducida contarán con espazos adaptados neste espazo. Un convenio coa ONCE permitirá que haxa guÃas cos debuxos representados en relevo e mais textos en braille. Carteis con textos de grande tamaño, completarán a adaptación do espazo. “Aquà a xente con discapacidades poderá acceder á propia totalidade de petróglifos, aÃnda que o panel ten un desnivel bastante importante, pero estamos pendentes de que nos aproben o proxecto”, adianta o arqueólogo do IEM. Polo momento, e desde o final do pasado mes de outubro, está xa lista a primeira fase deste proxecto.
A xestión
Todo o proxecto e a vindeira xestión do museo manterase nas mans da propia comunidade de montes. “A comunidade poderÃa subcontratar todo a unha empresa, pero agora mesmo están administrándoo todos eles”, apunta Vilar, lembrando outros espazos do contorno onde comunidades coma esta limitáronse a achegar o asentimento a proxectos municipais ou autonómicos de recuperación. “A idea que temos é presentar a través do web o proxecto, e explicar por Galicia adiante que é posible xestionar o monte dun xeito diferente, e escapar do sometemento exclusivo á explotación da madeira. O monte ten unha dimensión máis ampla e pode xerar postos de traballo”, lembra este arqueólogo. Polo momento, o exemplo xa callou na veciña comunidade de Vincios, en Gondomar, que xa pediu unha axuda para recuperar os gravados que posúe en Auga da Laxe.
Os proxectos
O desenvolvemento futuro do proxecto continúa a pasar, polo momento, polas mans da comunidade de montes. “A seguinte proposta é recuperar máis de dous quilómetros de camiño empedrado tradicional que hai no monte. O traxecto está rodeado a dereita e a esquerda de petróglifos, e queremos limpar o contorno, musealizalos e pór tamén diferentes carteis con microtoponima da zona”. Para este fin, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, achegou, na súa resolución de axudas de decembro de 2007, algo máis de 12.000 euros. Outros 80.000 da mesma convocatoria permitirán completar o proxecto de recuperación de Auga da Laxe, que se agarda poida abrir a comezos da primavera de 2008. A máis longo prazo está o proxecto de crear un centro de arte rupestre do Val Miñor e do Baixo Miño. “Queremos que sirva para dirixir a xente á arte rupestre de toda esta área. A idea é contar cun edificio duns trescentos metros que conte con sala de investigación, biblioteca, sala de conferencias e un pequeno museo que permita que a xente se emprace na época da arte rupestre antes de acceder aos depósitos”. A convocatoria de axudas de AGADER deste ano achegou os primeiros 80.000 euros a esta iniciativa. A comunidade agarda conseguir unha nova axuda o vindeiro ano e busca o apoio de Patrimonio que, sumado aos seus propios recursos, deberÃa permitir completar os 300.000 euros en que se orzamenta este centro. Todo un exemplo de como se poden buscar outras vÃas para o desenvolvemento rural.