Remata o I Congreso de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia

Unha universidade para Iberoamérica

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O I Congreso "Retos actuais do mundo latinoamericano" organizado pola Asociación de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia (AULIGA) péchase hoxe en A Coruña logo de analizar, durante toda a semana, diferentes aspectos culturais de Galicia, España e Iberoamérica. As conclusións do congreso publicaranse por Edicións do Castro e serán presentadas a distintas autoridades na busca de colaboración para potenciar o encontro entre as culturas de fala española e portuguesa.

Temas tratados

Ó Congreso, organizado acudiron diferentes expertos en lingua, literatura e sociedade de países de todo o mundo hispanofalante e lusófono. Os temas que máis se destacaron durante a semana foron a situación dos dereitos humanos , as linguas, a comunicación e a imaxe de América, Portugal e Galicia. Tamén se trataron cuestións de interese común coma os efectos da globalización sobre as identidades culturais, a mestizaxe e o futuro do español.

Obxectivos do congreso

Segundo o presidente de AULIGA, este congreso xurdiu coa intención de establecer contactos entre os estudiosos de todo mundo de fala española e portuguesa que permitan futuros proxectos conxuntos e mesmo a creación dun foro permanente de estudios. Desde AULIGA saliéntase a privilexiada situación de Galicia coma ponte entre España e o mundo da lusofonía e Latinoamérica e reclama a necesidade de que sexa o motor do achegamento entre estes mundos.

Biblioteca América

A apertura do congreso tivo lugar na Biblioteca América do Colexio de Fonseca en Compostela, que alberga bustos dos pais da independencia dos países de Latinoamérica e milleiros de textos e documentos sobre América, recollidos nunha iniciativa para crear un centro de estudios internacional que se promoveu a comezos do século XX.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Lusofonía, Latinoamérica, Literatura...