Novas exposicións de todo tipo chegan a Galicia

Desde América a Trives

Os obxectos artísticos e cotiáns do nativos de norteamérica en Vigo. As intervencións dos alumnos de Belas Artes en Pontevedra. A fotografía documental en Bergantiños, os chales de liño e a artesanía en Lemos e os cadros en Trives conforman todo un panorama de novas exposición en Galicia.

Indios e esquimós





A Casa das Artes de Vigo acolle desde onte e durante todo o mes de xuño a mostra "Indios e esquimós. Culturas indíxenas de Norteamérica. Na mostra poden contemplarse obxectos da vida cotiá e produccións artísticas destes pobos, ademais de ver en video algúns dos seus ritos e constumes tradicionais. Os obxectos expostos pertencen ás máis variadas tribos indíxenas norteamericanas, indo desde os inuit do ártico ós navajos do suroeste, pasando por sioux, cheyennes, apaches, furóns e cherokees. Algunhas das manufacturas máis curiosas que se poden ver son un arigo feito con vexigas, ou unha tenda dos indios das chairas. Segundo sinalou o concelleiro de cultura de Vigo, Carlos Príncipe, "esta é a exposición de divulgación científica máis importante que este ano vai haber en Galicia".












Belas Artes


Pontevedra énchese estes días das intervencións que están realizar na rúa os artistas de Belas Artes. Así, o pasado mércores a alameda amencía coas esculturas vexetais realizadas por Cristina Rodríguez con camelias. Formas antropomórficas sen cabeza súmanse a ouras intervencións que están a realizar catorce alumnos de doutorado Belas Artes baixo a dirección da profesora Yolanda Herranz co título "Na cidade habitando arquitectura desde a escultura".









Centros comarcais


Os Centros Comarcais de Bergantiños, Terra de Lemos e Terra de Trives, abren mañá cadansúa mostra. Mentrews Bergantiños acolle unha mostra de fotografía que recolle a vida na comarca do Deza, en Lemos pódense ver as obras de artesanía de Cecilia Carballo, que exporá vinte chales realizados en liño, e María Berta Campos presentará cincuenta obxectos de uso cotián realizados artesanalmente. En Trivs poderá verse a obra pictórica do granadino Antonio Aragón, realizada en acrítlico sobre lenzo en de temática variada, xirando sempre arredor da abstracción.