Falece en Vigo Francisco Mantecón, pintor e deseñador gráfico

Morte dun artista

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

O pintor e deseñador gráfico Francisco Mantecón faleceu onte en Vigo logo dunha longa enfermidade. Mantecón participara en varios grupos pictóricos e fora un dos renovadores da arte galega a comezos dos anos oitenta.

Unha carreira intensa



Mantecón, que nacera en Vigo en 1948, comezou a súa carreira pictórica cara a 1966, cando marchou a Madrid e alí púxose en contacto co "Grupo Princesa", co que participou en varias exposicións colectivas ó aire libre. Cara ós anos setenta comezou os seus estudios de Belas Artes en Barcelona e contactou con diferentes movementos de vangarda. Nos oitenta retornou a Vigo e participou na fundación do grupo "Atlántica", considerado un dos movementos renovadores da arte galega. Tamén foi escollido coma un dos autores que participaron en mostras de arte galego en Madrid, Oviedo ou Murcia, realizándose a última en Vigo hai dous anos.





Estilo e deseño

O estilo de Mantecón evoluíu desde a abstracción expresionista dos anos setenta ata unha simplificación das formas que foi sendo influenciado polo deseño gráfico no tratamento do espacio e da luz. Esta segunda actividade de Mantecón foi tamén especialmente destacada, xa que foi un dos renovadores neste campo e realizou abondosos traballos para editoriais coma Xerais ou Sotelo Blanco e deseñando os logos de destacadas empresas.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Francisco Mantecón, Morte, Exposicións...